Pasaporte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 4:
Un '''pasaporte''' é un [[documento de identidade]] emitido por un [[goberno]] nacional no que este recoñece formalmente o portador coma [[nacionalidade|nacional]] do [[Estado]] en particular e acredita o permiso ou autorización legal para saír ou ingresar no mesmo, polas [[fronteira]]s internacionais.
 
Os pasaportes están ligados ao dereito de protección legal no [[exterior]] e ao retorno do [[individuo]] ao seu [[país]] de orixe. O pasaporte xeralmente contén, para identificar o seu portador, algúns elementos comúns: fotografía, sinatura, data de nacemento, nacionalidade e algunhas veces outras informacións coherentes co seu propósito. Moitos países están desenvolvendo propiedades biométricas para os seus pasaportes para confirmar con precisión que a persoa que o presenta é o seu lexítimo propietario.
 
== Historia ==
Liña 13:
A orixe do termo pasaporte é controvertida. Segundo algunhas fontes xurdiu en [[Francia]] durante o reinado de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]], onde o [[rei|soberano]] fornecía aos seus favorecidos [[misiva|cartas]] requirindo o tránsito dos portadores polos portos, tales misivas eran chamadas "Passe Port" que literalmente significa pasar por un porto no idioma [[lingua francesa|francés]], no cal, a palabra para pasaporte é ''passeport''. Outros afirman que o termo se orixinou na [[Idade Media]] cando documentos emitidos por autoridades locais pedían autorización para que os seus protexidos puidesen pasar polas [[porta]]s dos muros das [[cidade]]s. Tales documentos xeralmente contiñan unha lista de cidades entre as cales o seu portador podería circular. Independente da orixe do termo pasaporte, este mantivo o formato de carta por un longo período e na ausencia de [[fotografía]]s para a identificación, algúns contiñan descricións físicas do portador. Os primeiros pasaportes con fotografía xurdiron no inicio do [[século XX]].
 
Despois de cada unha das guerras mundiais, primeiramente a [[Sociedade de Nacións]] (conferencia internacional sobre pasaportes, formalidades aduaneiras e visados, 1920), e máis tarde a [[ONU]] xuntamente coa OACI, organismo internacional regulador da aviación civil, emitiron unha guía para estandarizar o formato e características inherentes aos pasaportes. Estas guías foron, en gran parte, as que orixinaron o formato actual dos pasaportes.
 
Recentemente está habendo un movemento para introducir nos pasaportes informacións biométricas para mellorar a seguridade de identificación. Eses novos elementos aínda son cuestionados pola dificultade de ser implantados actualmente, pois a tecnoloxía existente aínda non satisfai os requirimentos relacionados co seu uso común. Os [[Estados Unidos de América|EStados Unidos]], por exemplo, adiaron por dúas veces a introdución da biometría nos documentos de viaxe debido a resultados insatisfactorios en probas realizadas.
Un pasaporte usualmente posúe unha inscrición (frecuentemente na contrportada) solicitando axuda para o portador do documento. O texto dun pasaporte de Israel, por exemplo, declara:
 
''"The Minister of the Interior of the State of Israel hereby requests all those whom it may concern to allow the bearer of this passport to pass freely without let or hinderance an to afford him such assistance and protection as may be necessary."'' (''"O ministro do interior do Estado de Israel, por medio deste, solicita a todos a quen poida interesar, permitir ao portador deste pasaporte pasar libremente sen molestias ou obstáculos e proverlle a asistencia e protección se fose preciso."'')
Liña 23:
== Tipos ==
 
Para a maior parte dos cidadáns son emitidos '''pasaportes comúns''' usados nas viaxes regulares.
 
Para o corpo [[diplomacia|diplomático]] emítese o '''pasaporte diplomático''', que identifica os seus membros coma representantes diplomáticos do seu país natal. Así eles gozan de privilexios no país onde están a realizar o seu traballo, se o goberno local recoñece o portador do pasaporte como membro dunha misión diplomática.
Liña 59:
 
* [[Bélxica]] permite aos seus nacionais optar por cal dos tres idiomas oficiais do país ([[lingua neerlandesa|neerlandés]], francés ou [[lingua alemá|alemán]]) prefiren que sexa o primeiro idioma que conste no seu pasaporte individual.
* A portada do pasaporte de [[Hungría]], ''Utlével'' (en [[Lingua húngara|húngaro]] carta de estrada), está só en húngaro, pero na segunda páxina presenta o termo pasaporte nos idiomas húngaro e inglés. A páxina cos datos persoais do portador ofrece as informacións nos idiomas húngaro, inglés e francés e actualmente aínda conta cunha páxina adicional que contén explicacións complementarias en inglés, francés, chinés, ruso, español e árabe, sendo esa unha modificación recente no formato do documento.
 
* A portada do pasaporte de [[Hungría]], ''Utlével'' (en [[Lingua húngara|húngaro]] carta de estrada), está só en húngaro, pero na segunda páxina presenta o termo pasaporte nos idiomas húngaro e inglés. A páxina cos datos persoais do portador ofrece as informacións nos idiomas húngaro, inglés e francés e actualmente aínda conta cunha páxina adicional que contén explicacións complementarias en inglés, francés, chinés, ruso, español e árabe, sendo esa unha modificación recente no formato do documento.
 
* Os pasaportes emitidos polos estados membros da [[Unión Europea]] conteñen as informacións en todos os idiomas oficiais da Unión.
 
* Os pasaportes dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], antes emitidos en francés e inglés, son agora producidos en inglés, francés e español. Esa modificación foi incorporada durante o segundo goberno de [[Bill Clinton]] polo feito de estar sendo aplicados tamén estes documentos a [[Porto Rico]], territorio de lingua española.
* Os pasaportes soviéticos eran impresos só en [[lingua rusa|ruso]] e francés, a pesar do feito de que a Unión Soviética fose un país de singular diversidade lingüística.
 
=== Formatos comúns ===
 
Os estados membros da [[Unión Europea]] son, talvez, o exemplo mais coñecido de países que contan cun formato común a todos os seus pasaportes. Os pasaportes europeos dos cidadáns comúns son vermello borgoña, coas palabras Unión Europea escritas (na lingua ou linguas oficiais nacionais) na portada, abaixo do que está o nome oficial do país, e o escudo nacional. A palabra pasaporte nas respectivas lingua ou linguas encóntrase na parte inferior.
 
Na [[América Central]] os membros do [[CA-4]], tratado que ten a [[Guatemala]], [[O Salvador]], [[Honduras]], e [[Nicaragua]] coma membros, adoptaron o mesmo modelo de pasaporte, tamén chamado "Pasaporte da América Central". O proxecto ten súa estrutura baseada no documento xa utilizado por Nicaragua e O Salvador desde a década dos noventa, e converteuse no padrón definitivo do bloque a partir de xaneiro do ano de 2006. Os seus principais elementos son a súa portada azul mariño coas palabras "América Central" e o mapa do continente co territorio do país emisor destacado en dourado. Iso substitúe os selos dos diferentes países cun só elemento, o [[mapa]]. Na extremidade inferior figuran o nome do país emisor e o tipo do pasaporte. Presenta as súas informacións en español, francés e inglés. O novo pasaporte inclúe oitenta e nove medidas de seguranza, entre elas código de barras bidimensional, [[holograma]]s e [[marca de auga|marcas de auga]], sendo este pasaporte un dos máis seguros do [[Terra|mundo]].
 
A Comunidade Caribeña ([[CARICOM]]) recentemente iniciou a emisión de pasaportes comúns, presentando o [[símbolo]] do CARICOM xuntamente aos selos e nomes oficiais dos estados membros mostrados no seu idioma oficial: inglés, neerlandés ou francés. O primeiro membro do bloque que emitiu o pasaporte do CARICOM foi [[Suriname]], que foi seguido por [[San Vicente e Granadinas]], [[Güiana]], [[Antiga e Barbuda]] e outros países.
 
A [[Declaración de Cuzco|declaración adoptada]] en [[Cuzco]], [[Perú]], que resultou na [[Unión de Nacións Suramericanas]], incluía un intento para o estabelecemento dun pasaporte común, mais iso parece ser algo aínda distante de súa concreción. Algúns membros dos bloques sub-rexionais coma o [[Mercosur]] e a [[Comunidade Andina de Nacións]] emiten pasaportes cos seus nomes e selo oficiais e mais o nome do grupo, por exemplo [[Paraguai]] e [[Ecuador]]. Os países da Comunidade Andina confeccionarán a partir de 2005 os seus pasaportes co nome do bloque rexional en español.
Liña 81 ⟶ 77:
A maioría dos países recoñece os pasaportes de case todas as nacións, pero hai un número de excepcións. Xeralmente esas excepcións acontecen cando un país non recoñece un territorio coma estado soberano. Algúns países tamén declinan pasaportes que non ofrecen ao portador o dereito de vivir no país emisor.
 
Por non consideraren unha autoridade como país soberano non se aceptan os seus pasaportes. Iso é unha política aplicada por moitos países, mais aínda así fanse algunhas concesións no caso por exemplo das persoas envolveitas en negociacións diplomáticas e daqueles que ofrecen axuda humanitaria. Dous exemplos de non recoñecemento dun pasaporte, son os de Hong Kong e Macau, rexións de administración especial da China.
 
En grande parte dos países os pasaportes pertencen ao estado e poden ser recollidos en calquera momento. Nalgúns países as autoridades poden declarar a retención dun pasaporte, aínda que tales casos deban ser analizados pola [[Justiza]].
 
Moitos países emiten só un pasaporte por persoa. Unha vez expirado, o aplicante precisa entregar o documento expirado ou sometelo á autoridade emisora para que este sexa invalidado. Un crecente número de países, incluíndo o [[Reino Unido]] e os Estados Unidos están permitindo aos seus cidadáns posuíren máis dun pasaporte por persoa. Iso debe ser útil para un individuo que viaxe frecuentemente a moitos países: un pasaporte é usado para obter visados en tanto a persoa pode viaxar para o exterior co outro pasaporte.
 
Algúns países impoñen requirimentos políticos e ideolóxicos ou prohibitivos para requirentes de pasaporte, emitindo visados de saída e pasaportes a quen os cumpra.
Liña 91 ⟶ 87:
=== Rexións especiais da China: Macau e Hong Kong ===
 
Sobre os auspicios das súas leis básicas, [[Hong Kong]] e [[Macau]] posúen a autoridade de emitir pasaportes, realizar acordos, abolir requirimentos de visado para outros países e exercer o control de inmigración de nacionais e estranxeiros. Os pasaportes emitidos polas respectivas administracións especiais declaran que o portador é cidadán chinés co dereito de domicilio na provincia emisora. O congreso nacional da China tamén delegou poderes a Hong Kong e Macau para administraren as leis de [[nacionalidade]] chinesas nos seus respectivos dominios.
 
A [[República Popular da China]] non recoñece a [[República da China]] como un estado soberano, considerando Taiwán (Formosa) unha parte de seu territorio. Pola súa parte a República da China baseada en Taiwán desde 1949 non renunciou á reivindicación da China Continental. A despeito do feito de presenza mutua de control de inmigración dos dous lados do estreito de Taiwán, ningunha das partes considera a travesía continente-illa coma unha viaxe internacional. Tanto a República Popular da China como a República da China nunca selan pasaportes emitidos do outro lado.
 
Un residente de Taiwán que entra na China continental usa un permiso especial emitido polas autoridades de seguranza do continente e xeralmente tramitan ese permiso en Hong Kong ou Macau. No porto de entrada en Taiwán, hai unha conspicua utilidade onde os residentes do continente deben someter os seus pasaportes e outros documentos emitidos na porción continental. Por outro lado residentes de Taiwán manteñen os seus documentos de identidade emitidos en Taiwán mentres estiveren no continente.
Liña 103 ⟶ 99:
=== Chipre ===
 
A [[República Turca do Norte de Chipre]] emite pasaportes, mais soamente [[Turquía]] recoñece este estado. Os pasaportes da República Turca do Norte de Chipre non son válidos para a entrada na República do Chipre. Até o ano de 2003, a República da Turquía non aceptaba pasaportes da [[Chipre|República do Chipre]] por non recoñecer a lexitimidade de tal goberno, mais dende entón si o acepta.
 
A República do Chipre tamén recusa a entrada de detentores de pasaportes iugoslavos, "que presente un selo de renovación co nome [[República de Macedonia|Macedonia]]".
Liña 109 ⟶ 105:
=== Israel ===
 
Moitos países árabes non permiten a entrada de persoas con evidencias de estadías en Israel, ou a presenza de visados deste estado usados ou non nos seus pasaportes, posto que non recoñecen a existencia do estado de Israel. Para axudar os estranxeiros a desvencellárense destas restricións, o estado de Israel non sela os pasaportes na entrada ou sequera pide visados previos, facendo que fique difícil para os países que teñen estas restricións a identificación daqueles cidadáns que estiveran no país. Moitas destas nacións poden bloquear a entrada dun estranxeiro con pasaportes con selos de saída de cidades xordanas ou exipcias fronteirizas con Israel.
 
Os países de maioría musulmá que non aceptan pasaportes de Israel son:
Liña 134 ⟶ 130:
=== Arabia Saudita ===
 
O goberno da [[Arabia Saudita]] como algúns outros gobernos non recoñece dupla nacionalidade para os seus cidadáns. Os cidadáns árabes que teñen a dupla cidadanía xeralmente mantéñeno oculto. Se un segundo pasaporte é descuberto, pode ser confiscado e o portador preso.
 
=== España e Xibraltar ===
 
O goberno de [[España]] ten adoptado unha política de non aceptar pasaportes británicos emitidos en [[Xibraltar]], baseado no feito de non considerar o goberno da rexión coma unha autoridade legalmente emisora de tales documentos. Consecuentemente algúns cidadáns de Xibraltar foron rexeitados na fronteira de España ao portaren estes documentos. Con todo, a palabra Xibraltar aparece baixo das palabras Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda do Norte, coma en pasaportes doutras colonias británicas.
 
=== Tonga ===
Liña 152 ⟶ 148:
Poucos países teñen acordos de cruzamento de fronteira sen pasaportes (mais xeralmente con identificación). Exemplos inclúen:
 
* O Reino unido e a República da Irlanda: Cidadáns do Reino Unido e da Irlanda non necesitan de pasaporte para viaxar polos dous países. Outros nacionais da Unión Europea deben mostrar a súa identidade nacional ou pasaporte. Todos os outros estranxeiros precisan un pasaporte con ou sen visado.
 
* Nas nación do CA-4: cidadáns da Guatemala, O Salvador, Honduras e Nicaragua non necesitan dun pasaporte para viaxar entre os catro países, mais é preciso un documento de identificación.
 
* Nos países do [[NAFTA]]: (Estados Unidos, México e Canadá) é preciso o pasaporte para entraren nos Estados Unidos. O goberno do [[Canadá]] respondeu a iso, declarando que en breve os cidadáns americanos van necesitar de pasaporte para entrar no Canadá. México xeralmente non pide o pasaporte para entrar no país, pero os cidadáns americanos precisan dun pasaporte para volver aos Estados Unidos.
 
* Líbano e Siria (requiren documento de identidade).
* India, Nepal e Bután (requiren documento de identidade).
 
* India, Nepal e Bután (requiren documento de identidade).
 
* Croacia e [[Bosnia e Hercegovina]] (requiren documento de identidade).
 
* Italia, Eslovenia e Hungría admiten croatas só co documento de identidade croata.
 
* Rusia e algúns dos países que formaban parte da antiga Unión Soviética (requiren documento de identidade).