Abetouro común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 19:
 
== Descrición ==
Unha miga meirande ca un galo doméstico: ata 76  cm de lonxitude e 1,35  kg de peso. A envergadura das ás chega ós 130  cm. Ten aspecto gordecho, co pescozo gordo e patas curtas. O peteiro, relativamente curto, é forte e de cor amarela agrisada. A plumaxe está finamente listada de negro, castaño e branco.
A plumaxe castaña e manchada sérvelle para mimetizarse moi ben nos canavais. Cando sente a proximidade dun intruso, fica quieto co bico apuntando cara arriba e móvese coma unha planta abaneada polo vento. Nesta posición pode aguantar ata que o intruso está moi preto.
A chamada de cortexo dos machos, que recorda o abracar dun touro, pode escoitarse a quilómetros de distancia
Liña 32:
[[Ficheiro:Bak Botaurus stellaris Poznan ZOO.jpg|300 px|esquerda|miniatura|Abetouro no zoo de [[Poznan]]]]
== Reprodución ==
Os machos son polígamos e non se ocupan de chocar ou alimentar ós polos. Sábese de machos que se aparellan con ata sete femias reprodutoras. A época de face-lo niño varía mesmo entre as aves que viven na mesma área. Constrúeno en zonas de mato espeso, con canas e xuncos, e cóbreno con follas e herba seca. O diámetro é duns 50  cm e a altura duns 30. Poñen entre 3 e 7 ovos, nun período de entre 2 e 3 días entre a primeira e a última posta. A femia comeza a chocar en poñendo o primeiro. Incuban ámbolos dous membros da parella, aínda que o macho o fai en poucas ocasións. Os pitos rompen a casca despois de 25 ou 26 días de incubación, e comezan a saír do niño dúas ou tres semanas despois, aínda que ata que teñen máis de dous meses non poden voar, momento no que a familia se separa.
 
== Status ==