Italo Calvino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 10:
Calvino recibiu unha educación laica e antifascista. Aínda así, ingresou nos ''Avangardistas'', unha formación xuvenil fascista á que a pertenza era case obrigatoria, cos que tomou parte na ocupación italiana da Riviera francesa. En [[1941]] marchou a [[Turín]], unha cidade que escolleu, despois de moitas dúbidas, no canto de [[Milán]], e que describiu como "seria, pero triste". Tivo que interrompe-los estudios de agronomía por causa da guerra. En [[1943]] foi chamado a filas pola [[República de Salo]], pero fuxiu e uniuse os partisanos da resistencia italiana, na [[Brigada Garibaldi]] co alcume de ''Santiago''. En [[1945]] entrou no [[Partido comunista Italiano]]. De novo en Turín, onde colaborou nalgúns xornais, empezou os estudios de letras, que acabou con éxito presentando un estudio sobre [[Joseph Conrad]].
 
En [[1947]] despois de graduarse, comezou a traballar para o xornal do Partido Comunista ''L'Unità''. A curta relación coa editorial Einaudi permitiulle coñecer a [[Norberto Bobbio]], [[Natalia Ginzburg]], [[Cesare Pavese]] e [[Elio Vittorini]]. Con Vittorini escribiu para o semanario cultural ''Il Politecnico''. Abandonou Enaudi para traballar en exclusiva en '' L'Unità'' e na revista comunista ''Rinascita''. En [[1947]], publicou a súa primeira novela, ''O carreiro dos niños de araña'' que evocaba a súa época de partisano, e que tivo certo éxito, e en [[1949]] saíu do prelo ''O corvo vén o último''. Estas dúas obras, dentro dunha atmosfera neorrealista, teñen un estilo, sobre todo a primeira, que as achega á fábula.
 
Volveu traballar para a editorial Einaudi desde 1950 como responsable literario. Ó ano seguinte visitou a [[Unión Soviética]]. As reportaxes e as cartas que escribiu durante a visita, que foron recollidas anos máis tarde en libro, recibiron algúns premios literarios. En [[1952]] Calvino escribiu con [[Giorgio Bassani]] para ''Botteghe Oscure'', unha revista que sacou o seu nome das oficinas principais do Partido comunista, e traballou para ''Il Contemporaneo'', un semanario marxista. Ese ano, seguindo os consellos do seu editor, deixou o estilo neorrealista e seguiu a súa tendencia polo conto fantástico. Escribiu ''O vizconde partido pola metade'' que co '' O barón rampante'' e ''O cabaleiro inexistente'' formaron a famosa triloxía ''Os nosos devanceiros'', visión alegórica da vida humana moderna. Entre [[1950]] e [[1956]] comezou a recompilación e a tradución dos ''Contos populares italianos'' a partir de contos do [[folclore]] do século XIX.
 
En [[1953]] deixou de socato o Partido comunista, do que se afastou aínda máis despois da invasión de [[Hungría]] polas tropas soviéticas. Comezou a publicar artigos nas revistas '' Passato e Presente'' e ''Italia Doman''i. Foi editor con Vittorini de ''Il Menabò di letteratura''.
 
Malia as restricións impostas ós estranxeiros de ideoloxía comunista, visitou, invitado pola ''Ford Foundation'', os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] onde estivo seis meses, catro deles en [[Nova York]]. Alí coñeceu a Esther Judith Singer coa que casou en [[1964]] n'[[A Habana]], nunha viaxe na que se entrevistou con [[Che Guevara|Ernesto "Che" Guevara]]. O ano seguinte tivo unha filla. De volta en Italia comezou a publicar os ''Cosmicomiche'' na revista literaria ''Il caffè''.
Liña 61:
* ''Perché Leggere i Classici'' ("Por que ler os clásicos?", 1991; ensaios).
 
{{ORDENAR:Calvino, Italo}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Calvino, Italo}}
[[Categoría:Escritores en lingua italiana]]
[[Categoría:Escritores de Italia]]