Cíclidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 4:
 
== Morfoloxía ==
Os distintos membros da familia presentan unha gran diversidade de formas e tamaños, desde os 25  mm do ''Neolamprologus multifasciatus'' ata tamaños máximos de cerca de 80  cm do ''Boulengerochromis microlepis''. A forma do corpo varía desde a comprimida lateralmente ata formas cilíndricas (como ''Julidochromis'').
Características comúns son a presenza dun par de mandíbulas farínxeas, que axudan ás mandíbulas orais. Grazas a esta estrutura poden capturar e procesar unha ampla variedade de alimentos, o que quizais pode explicar a variedade de formas corporais e mesmo de especies.
Liña 10:
Asi mesmo posúen unha soa [[fosa nasal]] a cada lado da cabeza, en lugar das dúas doutros peixes. A liña lateral está dividida en dúas seccións (excepto nos xéneros ''Teleogramma'' e ''Gobiocichla'').
A [[aleta]] dorsal posúe xeralmente 7-25 radios espiñosos e 5-30 radios brandos. Na aleta anal, 3-15 espiñas (normalmente, 3) e 4-15 radios brados (nalgunhas especies, 30).
 
== Hábitat e bioloxía ==
Liña 28:
Tamén se estima que é unha das familias de vertebrados con maior número de [[especies ameazadas|especies en perigo de extinción]], moitas delas dentro do xénero ''Haplochromi''. En [[2007]] a [[Unión Internacional para a Conservación da Natureza]] catalogou 156 especies de cíclidos como especies vulnerables, 40 como en perigo de extinción e 69 como peligro crítico de extinción. Polo menos 39 especies déronse por extinguidas desde comezos de 1990.
 
Moitos cíclidos foron dispersados fóra da súa área natural, liberados deliberadamente para a pesca ou accidentalmente a partir de acuarios, e algúns casos se converteron en especies daniñas, como foi o caso da tilapia no sur dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], grazas á súa gran adaptación a case calquera [[ecosistema]]. En xeral, os cíclidos son agresivos e territoriais.
 
== Véxase tamén ==