Sacarina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 186.255.220.227 (conversa); cambiado á última versión feita por Miguelferig
m Arranxos varios
Liña 50:
}}
[[Ficheiro:Sodium_saccharin_molecule.png|miniatura|dereita| [[Estrutura química]] da sacarina sódica.]]
A '''sacarina''' é un dos máis antigos [[edulcorante]]s. Foi descuberta en [[1879]] por [[Ira Remsen]] e [[Constantine Fahlberg]] da [[Universidade Johns Hopkins]]. Quimicamente é unha [[Imida]] o-sulfobenzoica. Denominada na industria alimentaria coas siglas [[Sacarina|'''E 954]]'''
 
== Características ==
Liña 59:
 
== A polémica ==
Dende que comezou o seu uso, a sacarina veuse sometida a ataques por razóns de tipo económico, ó provocar co seu uso a diminución do consumo de azucre, así como polo seu posible efecto sobre a saúde dos consumidores. Nos anos setenta varios grupos de investigadores indicaron que doses altas de sacarina (5% do peso total da dieta) eran capaces de inducir a aparición de [[cancro de vexiga]] nas ratas.
 
A sacarina non é [[mutáxeno|mutáxena]]. O seu efecto na [[vexiga]] das [[rata]]s prodúcese mediante unha irritación continua deste órgano debido ós cambios na composición global da urina que, entre outros efectos, dan lugar a cambios no [[pH]] e a formación de precipitados minerais. O ataque continuo ten como resposta a proliferación celular para reparar os danos, e nalgúns casos esta proliferación queda fóra de control e da lugar á produción de tumores. É interesante constatar que o efecto de formación de precipitados na urina das ratas se debe en gran parte ou na súa totalidade ó sodio que contén a sacarina, xa que a forma libre ou o sal de calcio non producen este efecto.
Liña 67:
 
== A sacarina noutros países ==
Porén, o uso da sacarina está prohibido nalgúns países como [[Canadá]]. En Estados Unidos planeouse a súa prohibición en 1977, pero as campañas das empresas afectadas e dalgunhas asociacións, entre elas as de diabéticos, motivaron que se ditara unha moratoria á prohibición.
 
A situación da sacarina quedou inestable en [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], estando sometida a normas de etiquetado estritas con frases do tipo "Este produto contén sacarina, da que se determinou que produce cancro en animais de laboratorio" e "o uso deste produto pode ser perigoso para a súa saúde".