Diferenzas entre revisións de «Des Moines, Iowa»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
| sitio web = http://www.dmgov.org
}}
'''Des Moines''' (do [[lingua francesa|francés]]: ''Os monxes'') é a capital e a cidade máis extensa do estado do [[Iowa]] (Estados Unidos). Foi incorporada o [[22 de setembro]] de [[1851]] como o Forte Des Moines, ata que foi acurtado a "Des Moines" en 1857. A área metropolitana que abarca 5 condados ocupa o lugar 92 no país en termos de poboación de acordos a cálculos do 2006 con 534.230 residentes segundo o [[United States Census Bureau]].
 
Des Moines é un gran centro para as compañías aseguradoras e ten tamén unha base de bo tamaño de servizos financeiros e negocios editoriais. A revista [[Forbes Magazine]] deulle a Des Moines o cuarto lugar na lista de "Mellores Lugares para os Negocios" no 2007. Recentemente, Das Moines experimentou un crecemento rápido nos suburbios da parte sur e oeste e estase convertendo rapidamente nunha área metropolitana grande e nun centro nacional para os negocios financeiros. A estrada interestatal 235 pasa pola cidade así como tamén a interestatal 35 e interestatal 80.
 
== Historia ==
Des Moines foi fundada en maio de 1843 cando o capitán [[James Allen]] construíu un forte onde os ríos [[Río Des Moines|Des Moines]] e [[Río Racoon|Racoon]] converxen. Allen quixo chamarlle Forte Racoon, pero o Departamento Americano para a Guerra obrigoulle a chamarlle Forte Des Moines. O nome orixinal de ''Des Moines'' non está claro. Podería facer referencia ao '' río de Moingonas'', chamado así pola tribo india que vivía nesa zona. Outros cren que é polos monxes [[trapenses]], algúns dos cales vivían en covas próximas ao río. Outros, con todo, conectan ''Des Moines'' con ''De Moyen'', en francés no medio, dada a súa localización entre o [[Río Mississippi]] e o [[Río Missouri|Misouri]].
 
Os colonos instaláronse cerca do forte e, o 25 de Maio de 1846, o forte Des Moines converteuse no asento de Polk County. O 22 de Setembro de 1851 foi incorporado como cidade, e a súa carta magna foi aprobada o 18 de Outubro. En 1857, o nome "Forte Des Moines" foi acurtado a "Des Moines" e converteuse na capital de [[Iowa]], abandonando a Iowa City como antiga capital. Cara a 1900, Des Moines era a cidade máis poboada con 62.139 habitantes.
En 1907, a cidade adoptou un Goberno de Comisión de cidade coñecido como o plan Des Moines, nomeando un alcalde electo e 4 comisionados que eran responsables de traballos públicos, propiedade pública, seguridade pública e finanzas. Esta forma de goberno foi abolida en 1950 a favor dun goberno de xerente de consello.
 
Como moitas cidades, Des Moines comezou a perder poboación aos suburbios, contando con 208.982 habitantes en 1960. A construción do Sistema de autoestradas interestatais durante finais dos 1950 e comezos dos 1960 facilitou o acceso aos suburbios.
 
Des Moines protagonizou moitos titulares durante a gran inundación de 1993. Fortes choivas durante Xuño e Xullo causaron o aumento do caudal dos ríos Des Moines e Racoon por encima dos diques. Esta inundación deixou a unhas 250.000 persoas sen auga corrente durante 12 días e sen auga potable durante 20 días.
 
A maior zona de construción é o centro. O novo Centro de Ciencias de Iowa e o Centro de Eventos de Iowa foron abertos en 2005, mentres que a nova á central da Biblioteca Pública de Des Moines, deseñada por [[Davis Chipperfield]], foi aberta o 8 de Abril de 2006.
Moitos rañaceos convertéronse en lofts para solteiros.
 
A área metropolitana de Des Moines sufriu tamén un boom, en especial os suburbios do oeste, que teñen ao redor de 50.000 persoas e é o fogar do Centro Jordan Creek, a tenda máis grande de Iowa, incluíndo un novo campus que estará terminado en 2007.
 
== Xeografía e Clima ==
 
De acordo ao [[United States Census Bureau]], a cidade ten un área total de 200.1  km. cadrados. Deles, 196.3 son terra e 3.8 auga.
 
En novembro do 2005, os votante de Des Moines aprobaron unha medida que permite á cidade anexarse certas parcelas de terra nas esquinas sur, nordés e sueste de Des Moines, particularmente áreas que limitan coa estrada estatal 5 e a federal 65.
 
== Area Metropolitana ==
 
O [[área metropolitana]] de Des Moines consiste de cinco [[condados]] centrais: Polk, Dallas, Warren, Madison e Guthrie. A área tiña unha poboación de 481,394 habitantes de acordo ao censo do ano 2000 e estímase que no 2006 a poboación era de 534.230 habitantes. Antes de que as áreas metropolitanas fose redefinidas no 2003, a área metropolitana de Des Moines consistía soamente dos condados Polk, Dallas e Warren.
 
== Suburbios ==
 
Os suburbios de Des Moines inclúen Altoona, Ankeny, Bondurant, Carlisle, Clive, Grimes, Indianola, Johnston, Norwalk, Pleasant Hill, Polk City, Urbandale, Waukee, West Des Moines e Windsor Heights.
 
== Demografía ==
De acordo ao censo do ano 2000 había 198.682 persoas, 80.504 fogares e 48.704 familias residindo na cidade. A [[densidade de poboación]] era de 1.012 hab/km². Había 85.067 unidades habitacionais cunha densidade media de 433,3/km². A composición racial da cidade era 82,29% de brancos, 8,07 de [[raza negra|negros]] ou [[afroamericano]]s, 0,35% de nativos, 3,50% de asiáticos, 0,05% das illas do Pacífico, 3,52% doutras razas e 2,23% de dúas ou máis razas. O 6,61% da poboación eran [[hispanos]] ou [[latino (Estados Unidos)|latinos]].
 
Había 80.504 fogares dos cales 29,5% tiñan fillos menores de 18 anos vivindo con eles, 43,7% eran parellas casadas vivindo xuntos, 12,6% tiñan ama de casa sen un esposo presente e 39,5% non eran familias.
== Economía ==
 
Des Moines é a sede de tres importantes empresas americanas: "Principal Financial Group", empresa de servizos financeiros; "Meredith Corporation" de publicidade e "Ruan Transportation", unha empresa de transportes.
 
Outras corporacións importantes como [[Wells Fargo]], [[Grupo ING]] ou [[John Deere]] realizan importantes negocios en ou cerca da área metropolitana. A revista [[Forbes]] clasificou a Des Moines como o 11º "Mellor Lugar de Negocios" en 2006.
 
== Cidades Hermanadas ==
393.002

edicións