Jutsu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 13:
Durante a segunda parte da serie, introdúcese o concepto de {{nihongo|manipulación da natureza|性質変化|seishitsu henka}}, alterando a cualidade do chakra. A manipulación da natureza permite ó ninja, despois de certo adestramento, transformar o seu chakra nun dos cinco elementos: terra, auga, lume, vento, e raio. Cada elemento ten as súas fortalezas e debilidades con respecto ós demais; por exemplo, o lume é débil contra a auga, pero pode contrarrestar facilmente os jutsu baseados no vento. Tódolos ninjas teñen unha especial atracción por, polo menos, un dos cinco elementos, o que lles permite empregar jutsus dese tipo con maior facilidade.
 
Un ninja cualificado pode aprender como usar os outros elementos; os [[Ninja (Naruto)#Jōnin|Jōnin]] son quen de manipular dous elementos. Aínda que estes ninjas poden usar os seus elementos diferentes e de xeito separado cun pequeno esforzo, combinando os dous elementos é posible que un ninja que non teña [[Técnica de liña sucesoria|predisposición xenética]] o consiga. Os ninjas cunha desas habilidades xenéticas poden mesturar dous elementos específicos para crear un completamente novo. [[Haku]], un antagonista introducido ó comezo da serie, pode mesturar a auga co vento para crear xeo.
 
=== As Oito Portas ===
Liña 23:
Os jutsu están divididos en tres categorías: [[#Ninjutsu|ninjutsu]], [[#Genjutsu|genjutsu]], e [[#Taijutsu|taijutsu]]. Ninjutsu tamén ten dúas subcategorías: [[Fuin jutsu|jutsu selado]] e jutsu do selo maldito, ambos son usados para crear selos con fins diversos. [[Senjutsu]], é un concepto introducido na segunda parte da serie, emprega tres tipos de enerxía: as enerxías mentais e físicas dun shinobi e a enerxía da natureza. Canalizando a enerxía da natureza, o creador do senjutsu pode incrementar notoriamente o poder dos seus outros jutsu. As habilidades [[Kekkei genkai]] son características xenéticamente herdadas que permiten crear técnicas únicas.
 
Os jutsu clasifícanse segundo a dificultade para realizalos, un de clase E denota técnicas básicas namentres que un de tipo S fai referencia a un jutsu que require anos de práctica para dominalo. Un jutsu de tipo S non é necesariamente máis eficaz que as habilidades de tipo E, a efectividade dun jutsu baséase na habilidade individual. Ademais dos seis tipos de clasificacións, un jutsu pode recibir tamén, un dos dous tipos informais. Os jutsu {{nihongo|"Secretos"|秘伝|hiden}} que pasan de xeración en xeración dentro dun clan. Eses jutsu non están clasificados porque ninguén fóra dese clan sabe empregalo. As {{nihongo|"Técnicas prohibidas"|禁術|kinjutsu}}, por outra parte, atópanse nun dos seis tipos principais, pero coa excepción de que están prohibidas e non se poden ensinar.
 
=== [[Ninjutsu (Naruto)|Ninjutsu]] ===