Reloxo de auga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 5:
 
== Historia ==
Son, xunto co [[reloxo de sol]], os máis vellos instrumentos de medida do tempo, coas únicas excepcións dos [[gnomon]]s verticais e a conta de días con varas regradas. Onde e cando foron inventados descoñécese, dada a súa gran antigüidade.
 
A clepsidra de saída con forma de cunca é a forma máis sinxela dun reloxo de auga, existía xa en [[Babilonia]] e [[Exipto]] arredor do século XVI a. C. Nestas clepsidras de saída a regra situábase no interior da cunca, existindo unha regra horaria para cada mes do ano exipcio.
Liña 13:
 
Estes primeiros reloxos de auga calibrábanse cun reloxo de sol. A pesar de non acadar un nivel de precisión comparable aos patróns de cronometraxe de hoxe en día, o reloxo de auga foi o dispositivo de cronometraxe máis preciso e máis comunmente utilizado por milenios (non dependía da visibilidade do sol), ata que foi substituído polos reloxos de péndulo máis precisos da Europa do século XVIII.
 
 
{{Commons|Category:Clocks|reloxos}}