Enerxía nuclear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros: {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios, replaced: de Xapón → do Xapón
Liña 61:
O [[2 de decembro]] de [[1942]], como parte do [[proxecto Manhattan]] dirixido por [[Robert Oppenheimer]], construiose o primeiro [[reactor nuclear|reactor]] do mundo feito polo ser humano (existiu un reactor natural en [[Oklo]], [[Gabón]], na [[África Occidental]]): o [[Chicago Pile-1]] (CP-1).
 
Como parte do mesmo programa militar, construiose un reactor moito maior en [[Hanford Site|Hanford]], destinado á produción de [[plutonio]], e ao mesmo tempo, un proxecto de enriquecemento de uranio en cascada. O 16 de xullo de [[1945]] foi probada a primeira [[bomba nuclear]] (nome en clave [[Proba Trinity|Trinity]]) no deserto de [[Alamogordo]]. Nesta proba levouse a cabo unha explosión equivalente a 19.000.000 de [[quilogramo|kg]] de [[Trinitrotolueno|TNT]] (19 [[Equivalencia en TNT|quilotóns]]), unha potencia xamais observada anteriormente en ningún outro [[explosivo]]. Ambos proxectos desenvolvidos finalizaron coa construción de dúas bombas, unha de uranio enriquecido e unha de plutonio ([[Little Boy]] e [[Fat Man]]) que foron lanzadas sobre as cidades xaponesas de [[Hiroshima]] ([[6 de agosto]] de 1945) e [[Nagasaki]] (9 de agosto de 1945) respectivamente. O 15 de agosto de 1945 acabou a segunda guerra mundial no Pacífico coa rendición dedo Xapón. Pola súa banda o programa de armamento nuclear alemán (liderado este por [[Werner Heisenberg]]), non alcanzou a súa meta antes da rendición de [[Alemaña]] o 8 de maio de 1945.
 
Posteriormente leváronse a cabo programas nucleares na [[Unión Soviética]] (primeira proba dunha bomba de fisión o 29 de agosto de [[1949]]), [[Francia]] e [[Gran Bretaña]], comezando a carreira armamentística en ambos os bloques creados trala guerra, alcanzando límites de potencia destrutiva nunca antes sospeitada polo ser humano (cada bando podía derrotar e destruír varias veces a todos os seus inimigos).
Liña 122:
* [http://www.euronuclear.org/ Sociedade Nuclear Europea (en inglés)]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Enerxía nuclear]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Tecnoloxía)]]