Campionato Mundial de Turismos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-NCE +NZL); cambios estética
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 8:
== Historia ==
[[Ficheiro:2012 WTCC Race of Japan (Race 1) opening lap.jpg|thumb|Saída da carreira do [[Xapón]] de 2012.]]
O WTCC naceu no ano 1987 como unha competición concorrente ao [[Campionato Europeo de Turismos]] (ETCC) na que corrían automóbiles coa homologación Grupo A. O seu calendario constaba de carreiras de a-lo menos 500  km, entre elas as [[24 Horas de Spa]] e os [[1000 km de Bathurst]]. A competición converteuse en demasiado cara e desapareceu no mesmo ano da súa aparición.
 
Dende o ano 1993 até o ano 1995, dada a popularidade da categoría Superturismo, a FIA organizou a [[Copa Mundial de Turismos]] (en inglés: Touring Car World Cup), un evento anual pra pilotos de turismos de competicións nacionais de turismos de todo o mundo. A edición 1996, que tería lugar en [[Österreichring]], pero cancelouse.
 
Entre os anos 1995 e 1996, organizouse o [[Campionato Internacional de Turismos]] (International Touring Car Championship, en [[lingua inglesa]]), como evolución d Deutsche Tourenwagen Meisterschaft, categoría de turismos alemana que adquirira unha gran popularidade no continente europeo. Esta competición reunía aos diferentes corredores das categorías de turismos máis importantes de Europa. Ambas edicións quedaron en poder de pilotos alemáns, sendo Bernd Schneider o seu primeiro campón e Manuel Reuter o último en 1996. A suba dos custos de manutención dos vehículos, fixo que as principais marcas que corrían como [[Alfa Romeo]], [[BMW]] ou [[Opel]] deixaran o campionato do 1997, deixando soamente a [[Mercedes-Benz]], que cancelou todo. Anos máis adiante, o [[DTM]] renaceu no 2000 sendo bautizado como Deutsche Tourenwagen Masters.
 
No 2001, o [[ETCC]] reanudouse co apoio da [[FIA]]. Por petición dos fabricantes interesados, para a tempada 2005 converteuse nun campionato mundial e foi nomeado WTCC.