Diferenzas entre revisións de «Corsario»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
'''Corsario''' (do [[latín]] ''cursus'' ['carreira']) era o nome que se concedía aos [[Navegación marítima|navegantes]] que, en virtude do permiso concedido por un goberno nunha ''carta de marca ou [[patente de corso]]'', capturaban e saqueaban o tráfico mercante das [[Nación|naciónsnación]]s inimigas dese goberno.
 
==Historia==
 
Ata o [[século XIX]] a actividade corsaria estivo sempre a cargo de particulares que [[armador|armaban]] [[Barco|buques]] unha vez obtida a patente de corso e recuperaban o investimento co botín obtido nas presas capturadas e os rescates por pasaxeiros de importancia capturados. O corsario estaba limitado na súa acción pola patente, podendo só capturar mercantes de determinados [[país]]es e tendo que repartir botín e rescate co [[Estado]] en moitas ocasións. Esta é a principal diferenza co [[piratería|pirata]], que atacará calquera buque que poida capturar e non ten que render contas a ninguén. [[Francis Drake]] é un bo exemplo desta época.
 
Aínda que a actividade corsaria xa se practicou na antigüidade, o auxe dos corsarios tivo lugar entre os [[século]]s [[século XVI|XVI]] e [[século XVIII|XVIII]]. Durante este período todas as potencias navais [[Europa|europeas]] empregaban sistematicamente aos corsarios para entorpecer o tráfico dos seus rivais coas colonias como complemento á súa frota militar regular. Os últimos actos corsarios tradicionais tiveron lugar no século XIX durante a [[guerra de Cuba]].
 
Posteriormente mantívose a denominación de corsarios ou ''[[Buques-Q]]'' para aqueles buques pertencentes a mariñas de guerra regulares que entorpecían o tráfico mercante inimigo. A principal actividade deste tipo foi a protagonizada polos [[Alemaña|alemáns]] durante ambas as guerras mundiais con medios [[submarino]]s principalmente. Tamén os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] empregaron esta estratexia contra [[Xapón]] no [[Océano Pacífico|Pacífico]] durante a [[Segunda Guerra Mundial]] coa súa frota submarina. Neste caso non existe botín e os corsarios limitábanse a afundir os mercantes inimigos.
 
Antes do desenvolvemento do [[dereito internacional]] entre as nacións [[Europa|europeas]], non había ningún recurso ao que acollerse para obter satisfacción tras sufrir pequenos agravios. Os corsarios empregábanse para resolver estes asuntos sen entrar en guerra aberta. O goberno dun país proporcionaba unha patente de corso ao propietaro dun barco que lle permitía armar o seu barco e atacar a outros barcos que navegaban baixo unha bandeira particular. A cambio, recibían unha porción do botín, indo o resto a parar ás arcas do goberno, o que emendaba o agravio.
 
Para o país obxectivo, o corsario era practicamente igual que un [[pirata]] (en ocasións os corsarios acababan sendo piratas), e ademais esta era a intención. A única diferenza era que os piratas estaban [[proscrito]]s en todas as nacións, mentres que os corsarios tiñan [[inmunidade legal]] no país que os contrataba, e se lles consiederaba [[prisioneiros de guerra]] se eran capturados por outros países. Os corsarios ás veces recibían o nome de "piratas cabaleiros". Algúns corsarios recibían tamén o encargo de cazar a outros corsarios, mentres que en ocasións os corsarios incorrían na piratería sen que llo encargasen se entraba nos seus plans.
 
Os países Europeos renunciaron a contratar corsarios na [[Declaración de París]] de [[1856]]. Outros países, como os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] renunciaron a estas prácticas máis tarde, durante as [[Convencións da Haia]] (1899/1907).
393.002

edicións