Sardeña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 44:
|notas= <center>[http://www.regione.sardegna.it/ Páxina Web Oficial]</center>
}}
'''Sardeña'''<ref>{{DRAG|sardo}}</ref> (en [[lingua sarda|sardo]]: ''Sardigna'', en [[Lingua italiana|italiano]]: ''Sardegna'', en [[Lingua catalá|catalán]]: ''Sardenya'', en [[lingua corsa|corso]]: ''Sardegna'') é a segunda [[illa]] máis grande do mar [[Mediterráneo]] despois de [[Sicilia]]. Cunha superficie de 24.090 &nbsp;km², é unha das vinte rexións de [[Italia]], posuíndo un estatuto especial de autonomía rexional.
 
Sardeña ademais é unha das dúas rexións cuxos habitantes foron denominados "popolo" (''pobo diferenciado'') polo parlamento italiano, xunto coa rexión do [[Véneto]]. A orixe do nome da illa é incerta, mais é posible que proveña dunha tribo chamada os Sardi. Foi ademais chamada ''Ichnusa'' polos [[fenicio]]s e ''Sandalyon'' polos [[Antiga Grecia|gregos]], xa que a súa forma lembra unha pisada.
Liña 56:
[[Ficheiro:Sardinia satellite.jpg|miniatura|esquerda|Imaxe satélite da illa]]
[[Ficheiro:Capotestasantateresagallura.jpg|miniatura|esquerda|Paisaxe granítica na Gallura]]
O territorio de Sardeña caracterízase por ser relativamente montañoso, estando arredor do 80% do territorio conformado xa sexa por [[montaña]]s ou outeiros. Canto aos outeiros e altiplanos rochosos representan o 67,9% da superficie, algúns deles, moi característicos, son chamados ''giare'' ou ''gollei''. As montañas son o 13,6% e están conformadas por antigas rochas niveladas por un lento e continuo proceso de erosión.
 
Estas montañas teñen o seu cumio máis elevado no Perdas Caprias (en [[lingua italiana|italiano]]: ''Punta La Marmora''), cunha altura de 1.834 m sobre o nivel do mar, no macizo do Gennargentu. Ao norte distínguense os montes de Limbara (1.362 m), o monte Rasu (1.269 m), o monte Albo (1.127 m) e o Corriasi de Oliena (1.463 m). Ao sur o monte Linas (1.236 m) e os montes do Iglesiente que posúen menos altitude a medida que se aproximan ao mar.
Liña 71:
O [[clima mediterráneo]] é típico en gran parte de Sardeña, excepto nalgunhas zonas do interior marcadas por un clima máis ríxido. Ao longo da zona costeira, onde reside gran parte da poboación, teñen invernos suaves, grazas á presenza do mar, con raras nevadas e veráns calorosos e secos. No interior da illa, a baixa humidade e o forte vento permite soportar facilmente as elevadas temperaturas estivais, capaces de alcanzar normalmente os 35-40&nbsp;°C. Porén, nas zonas máis próximas á costa raramente se acadan ditas temperaturas. Nas zonas internas o clima é máis ríxido. Sobre os montes do Gennargentu nos meses de inverno neva e a temperatura descende baixo cero. No verán o clima é fresco, abrigo durante as horas nocturnas e raramente caloroso durante días consecutivos.
 
As precipitacións resultan escasas ao longo da costa e na zona meridional cunha media inferior aos 500 &nbsp;mm anuais; en particular, a localidade de [[Capo Carbonara]] rexistrou o valor mínimo absoluto tanto da rexión coma de todo o territorio italiano cunha media de 266 &nbsp;mm anuais. Nas áreas internas da meirande parte da illa a precipitación media é de 500-800 500–800&nbsp;mm, e nas proximidades dos principais relevos montañosos pódense superar os 1.000 &nbsp;mm anuais.
 
=== Rexións históricas ===
Liña 82:
 
[[Ficheiro:Colonne a tharros.jpg|miniatura|Restos [[fenicio]]s de Tharros]]
[[Ficheiro:Sardinia-Saccargia1.jpg|miniatura|Igrexa de estilo [[románico]] [[Pisa|pisanopisa]]no]]
[[Ficheiro:Eleonora di Arborea.jpg|miniatura|Eleonora di Arborea]]
[[Ficheiro:Cagliari Cupole.jpg|miniatura|[[Cagliari]], capital de [[Sardeña]]]]
A historia da Sardeña data xa de moi antigo. Por exemplo en [[1979]] foron datados vestixios humanos do 150.000 a.C. Na [[Prehistoria]] os habitantes da Sardeña estabelecéronse e comercializaron obsidiana, unha pedra usada na produción de bastas ferramentas, e este comercio revelou algúns contactos entres os sardos e a meirande parte do mediterráneo. Entre o [[Neolítico]] e a época do [[Imperio Romano]], deuse a [[civilización nuráguica]]. Mesmo actualmente, 7.000 anos despois, ''Nuraghe'' sobrevive. Hai sospeitas de que a misteriosa poboación [[Shardana]] chegou á Sardeña, vindo do [[Mediterráneo]] Oriental, arredor do século 20 a.C.
 
Pouco se sabe sobre esta xente, cuxo nome (que probabelmente signifique ''Xentes do Mar'') foi atopado nunhas inscricións exipcias. Segundo algúns estudos lingüísticos, este pobo partira de [[Sardis]] ([[Rexión de Lidia|Lidia]]) e chegou ao [[Mar Tirreno]], formando relacións con sardos e [[etrusco]]s.
Liña 92:
 
=== Roma ===
Coa chegada dos romanos á illa foi desenvolvida unha rede de estradas organizada, que facilitaba o desprazamento das tropas e dos comerciantes. Esa rede serviu como base ao sistema actual de estradas. Os romanos aproveitaron abundantemente os recursos de Sardeña, que chegou a ser un celeiro do imperio debido ás súas abundantes colleitas de trigo de alta calidade. Construíronse anfiteatros, e posteriormente a relixión cristiá difundiuse en Sardeña debido á chegada de xudeus e cristiáns exiliados, disidentes do Imperio. No [[227]] Córsega formou parte da provincia romana de Córsega e [[Sardeña]]. Cando o imperio se debilitou, a presenza de tropas romanas comezou a declinar.
 
=== Vándalos ===
Liña 98:
 
=== Idade Media ===
Comezando o [[Século VIII]], os [[Península de Arabia|árabes]] e [[bérber]]es realizaron varios ataques á Sardeña. Especialmente logo da conquista da [[Sicilia]] en [[832]]. Os bizantinos non foron quen de defender este territorio, o máis afastado deste Imperio, polo que o gobernador local asumiu unha autoridade independente. Para mellor defensa, dividiu a illa en catro ''Giudicati'': [[Gallura]], [[Logudoro]], [[Arborea]] e [[Caralis]]. No ano [[900]] estes distritos tornáronse en catro monarquías constitucionais independentes, caendo por varias veces no poder de [[Xénova]], de [[Pisa]] ou mesmo do [[Papa|papadopapa]]do.
 
No [[1323]], o [[Reino de Aragón]] comezou unha campaña para conquistar a Sardeña da man do infante [[Alfonso IV de Aragón|Afonso]], en alianza co reino, ou ''giudicato'', de Arborea. Este reino, máis tarde, tornariase o seu inimigo e, por un tempo, gobernou case a totalidade da illa con [[Eleonora di Arborea]], até que o último xuíz decidiu vender as terras remanentes por 100.000 florins de ouro. Os habitantes ligures nativos de [[Alghero]], cuxa cidade foi cedida polos reis de Arborea, foi repoboada polos invasores [[Cataluña|cataláns]], cuxos descendentes aínda hoxe falan [[lingua catalá|catalán]].
Liña 184:
[[Ficheiro:Largo Carlo Felice.jpg|miniatura|Vista de [[Cagliari]], cidade máis poboada da illa, co porto ao fondo]]
[[Ficheiro:Sarroch 03.jpg|miniatura|Refinería de Sarroch]]
En xeral Sardeña ten unhas mellores condicións económicas que a meirande parte das rexións do sur de [[Italia]]. O sector primario goza aínda dunha importancia excepcional, sobre todo a cría de [[cabra]]s e de [[ovella]]. A agricultura foi modernizada, sobre todo na zona chaira do Campidano, onde se cultivan [[verdura]]s, [[cítrico]]s, [[arroz]], e onde se producen os famosos viños sardos.
 
Con todo, a pesar de ser unha illa, hai moi pouca tradición pesqueira, aínda que nas últimas épocas esá a gañar moita importancia, sobre todo na pesca do atún, exportado principalmente e [[Xapón]]. É destacable tamén a minería, restrinxida ao [[carbón]], ao [[antimonio]], ao ouro, ao chumbo e ao zinc. A extracción de granito representa un gran parte da industria no norte da illa. As industrias principais son [[química]]s, produtos [[Petróleo|petroquímicos]], traballo de [[Metal (material)|metais]], [[Cemento (construción)|cemento]], [[farmacia|farmacéutico]], [[estaleiro]]s e alimentación.
Liña 240:
* [http://www.regione.sardegna.it/ Sitio web oficial]
* [http://www.sardegnaturismo.it Sitio web oficial de turismo de Sardeña]
* [http://www.sardegnadigitallibrary.it/ Biblioteca Dixital de Sardeña]
 
{{RexiónsdeItalia}}