O Loto Azul: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos using AWB
m →‎Sinopsis: Arranxos varios, replaced: de Xapón → do Xapón
Liña 10:
En ''Os xarutos do faraón'', [[Tintín (personaxe)|Tintín]] perseguía a unha organización internacional de traficantes de droga por [[Oriente Medio]] e a [[India]]. Logrou capturalos a todos, agás ao seu xefe, cuxa identidade non chegou a coñecerse ao final da aventura.
 
Ao comezo de ''O Loto Azul'', Tintín goza da hospitalidade do [[maharajáh]] de Rawhajpurtalah, un imaxinario estado indio. Alí recibe a visita dun chinés que vai traerlle certa información pero, antes de que poida falar, é ferido por unha frecha que o tolea misteriosamente, e só pode pronunciar dous nomes: unha cidade, Xangai, e un nome de persoa, [[Mitsuhirato]]. Tintín parte cara a Xangai e entrevístase con Mitsuhirato, que é o representante dedo Xapón na cidade. Este indícalle que o maharajáh corre perigo, e que debe regresar sen tardanza. Tintín é obxecto dunha serie de misteriosos atentados contra a súa vida, do que é salvado de forma igualmente misteriosa.
 
Crendo as recomendacións de Mitsuhirato, Tintín embárcase para [[Bombai]], pero é secuestrado a medianoite e reaparece, á mañá seguinte, nunha casa de Xangai. O propietario da casa é o señor Wang Jen-Ghié, xefe da sociedade secreta "Os Fillos do Dragón", que precisa a axuda de Tintín para acabar cunha rede de traficantes de opio (a mesma que Tintín perseguía no álbum anterior) na que está involucrado Mitsuhirato. Intentando espiar a estes traficantes, Tintín é testemuña dunha sabotaxe á liña férrea realizado por orde dos servizos segredos xaponeses para culpar aos chineses e ter un motivo para invadir o país. É capturado por Mitsuhirato, quen lle inocula supostamente un produto para causarlle a tolemia. Porén, fracasa, e Tintín logra escapar, polo que Mitsuhirato alerta ás autoridades xaponesas, que pon a Tintín en busca e captura.