Mahayana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
m Arranxos varios
Liña 1:
[[Ficheiro:BuddhistTriad.JPG|miniatura|350px|Unha tríade do budismo Mahayana temperán. De esquerda a dereita, un devoto [[Kushan]], o [[Bodhisattva]] [[Maitreya]], o Buda, o Bodhisattva [[Avalokitesvara]], e un monxe budista. Século II a século III, [[Gandhara]].]]
 
'''Mahāyāna''' (literalmente ''Gran vehículo'') é unha das principais ramas do [[budismo]]. Algunhas das áreas nas que se practica son [[China]], [[Tíbet]], [[Xapón]], [[Corea]], [[Vietnam]], e [[Taiwán]]. Do Mahāyāna desenvolveuse o [[Vajrayāna]] [[esotérico]] que afirma combinar tódalas escolas previas.
 
== Orixes ==
Os estudiosos cren no Mahāyāna como un movemento separado, o cal comezou arredor do [[Século -I|século I adC]] no noroeste da [[India]], influído polo [[Grecobudismo]].
 
O desenvolvemento do Mahāyāna foi un proceso lento e gradual. O Mahāyāna non era unha ''escola'' rival, e polo tanto non foi a consecuencia dun [[cisma]] (''sanghbheda''). Monxes Mahāyāna podían vivir sen discordia no mesmo mosteiro con monxes doutras escolas, sempre que sostiveran o mesmo código, malia que se cre que os monxes no Mahayana puideron tomarse con algo de burla as crenzas e prácticas privadas dos seus irmáns Mahayana.
 
A idea dun cisma ou ruptura radical, con cambios relixiosos dramáticos, simplemente non concorda co que sabemos agora do desenvolvemento relixioso budista, non en textos senón na práctica real. (Williams, 1989)
Liña 14:
 
== Escrituras ==
O Mahāyāna apártase da tradición [[Nikaya]] (ás veces coñecida como as escolas [[Theravāda|Hinayāna]]) na súa aceptación das sutras Mahāyāna. As escolas Mahāyāna, porén, non rexeitan os sutras Nikaya, tales como os rexistrados no Canon [[Pali]]; estes tamén son vistos como autoritarios.
 
As escrituras Mahāyāna foron fixadas por escrito no [[Século -I|século I adC]]. Algunhas delas, tales coma os sutras ''A Perfección da Sabedoría'', amósanse como sermones reais de [[Buda]] que terían ficado agochados. Segundo algunhas fontes, estes sermóns foron pasados por [[tradición oral]] como outros sutras, mais outras fontes afirman que foron agochados e logo revelados varios séculos máis adiante por unha vía mitolóxica. Ademais de sutras, algúns textos Mahāyāna son esencialmente comentarios.