Shinkansen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Kyūshū
m Arranxos varios
Liña 4:
[[Ficheiro:Shinkansen map 201503 en.png|miniatura|Rede Shinkansen]]
 
'''Shinkansen''' (''新幹線'') é a rede de [[ferrocarril]] de [[alta velocidade]] do [[Xapón]], o servizo efectúano catro compañías da [[Japan Railways]]. A primeira liña foi a [[Tōkaidō Shinkansen]], entre [[Toquio]] e [[Osaka]], aberta en [[1964]] e que alcanzaba unha velocidade de 210  km/h, o éxito comercial (máis de 100 millóns de viaxeiros en menos de tres anos) fixo que a rede se ampliase ata atinxir oito liñas e 2.459  km, ligando a maioría das grandes cidades das illas de [[Honshū]] e [[Kyūshū]] con velocidades de máis de 300  km/h. en probas chegouse ata 443  km/h para raís convencionais en 1996 e a 581  km/h (o récord do mundo) para (361  mph) en trens de levitación magnética. Os trens viaxan durante o día, de 6 da mañá ata as 24, logo e ata as 6 da mañá realízanse operacións de mantemento e percorre a rede o coñecido como Doctor Yellow (ドクターイエロー), un convoi que testa as liñas.
 
==Orixes==
As orixes da rede de alta velocidade xaponesa están na década dos cincuenta do século pasado, nese momento, algúns tramos da rede convencional, como a liña Tokaido, estaban a piques de se saturar, e por iso a compañía decide a construción dun novo sistema para desconxestionar o corredor Toquio-Osaka, converténdose o primeiro país en dotarse dunha liña de alta velocidade, as obras comezaron en [[1959]] e a primeira liña inaugurouse con motivo dos [[Xogos Olímpicos de 1964|Xogos Olímpicos de Toquio]]. A palabra Shinkansen significa literalmente "Nova gran liña" e refírese estritamente ao trazado das vías, mentres os [[tren]]s reciben o nome de "Super Expresos" (''超特急'', chō-tokkyū), porén no uso popular tanto as vías como os trens chámanse shinkansen . Shinkansen utiliza o largo de vía normal (1.440  mm) e en 40 anos de funcionamento non houbo accidente ningún, o [[terremoto]] do [[23 de outubro]] de [[2004]] provocou o descarrilamento espectacular dun Shinkansen 200 que efectuaba o servizo Toki 231, circulando a 200  km/h na liña Toquio-Niigata pero sen ocasionar vítimas.
=== Liñas ===
As principais liñas son: