Mar Cantábrico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 3:
[[Ficheiro:Spain.Santander.Cabo.Menor.Vista.jpeg|300px|miniatura|dereita|A costa cantábrica peninsular destaca polos seus [[acantilado]]s e [[rasa mareal|rasas litorais]]. [[Cabo Menor]] ([[Cantabria]]).]]
 
O '''Cantábrico''' é un [[mar]] litoral do [[océano Atlántico]] que baña a costa norte de [[España]] e a costa suroeste de [[Francia]]. Esténdese desde a Punta [[Estaca de Bares]] na [[provincia da Coruña]], ata a desembocadura do [[río Adour]] nas costas do departamento Francés das [[Landes]] preto de [[Baiona, Francia|Bayonne]].
 
Na súa parte máis oriental, xunto ás costas do [[País Vasco]] recibe o nome de [[golfo de Biscaia]] ou tamén de [[Golfo de Biscaia|golfo de Gascuña]]. Baña 800 quilómetros de costa compartida polas provincias da [[Provincia da Coruña|Coruña]], [[Provincia de Lugo|Lugo]], [[Asturias]], [[Cantabria]], [[Biscaia]], [[Guipúscoa]] e [[Lapurdi]], esta última en [[Francia]].
 
== Características ==
Constitúe un mar de transición entre os mares fríos do Norte e os tépedos do [[trópico]], o que fai que sexa [[ecotono]] de especies vexetais e animais de augas frías.
 
Os fortes ventos do Noroeste que sopran sobre el teñen a súa orixe nas baixas presións centradas sobre as [[Illas Británicas]] e o [[mar do Norte]] en combinación co [[anticiclón]] das [[Azores]]. A distancia percorrida polo [[vento]] e o mantemento da súa dirección e velocidade constantes fai que se xeren [[Onda (mar)|onda]]s que oscilan entre 2,5 e 3 metros de altura, o que orixina un mar moi axitado. En condicións moi particulares, máis propicias nos meses de [[abril]]-[[maio]] e [[setembro]]-[[outubro]], os ventos do Oeste poden alcanzar magnitudes de [[galerna]] con ondas que chegan a superar os 9 metros de altura.
 
A medida que nos aproximamos á costa [[Francia|francesa]] as augas van sendo máis cálidas. Posúe unha [[salinidade]] media do 35%, aínda que este dato varía moito en función do réxime de choivas imperante na zona.
Ten unha significativa amplitude de [[marea]] e é atravesado pola [[Corrente do Golfo]].
 
Foi bautizado polos [[Imperio Romano|romanos]] no [[século -I|século I a. C.]] como ''Cantabricus Oceanus'' e noutras citas clásicas máis antigas aparece co nome de ''Britannicus Oceanus'' e ''Gallicus Oceanus''.
 
==Localidades importantes==
Liña 34:
</gallery>
{{Lista de mares}}
 
[[Categoría:Mar Cantábrico|Cantábrico, Mar]]