Jethro Tull: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
remato, e saco marcador de ortografía
m Arranxos varios
Liña 23:
== Historia ==
=== Orixes (1964-1968) ===
As orixes de '''Jethro Tull''' remóntanse a mediados dos anos 60, cando tres individuos que respondían ós nomes de [[Ian Anderson]], [[Jeffrey Hammond Hammond]] e [[John Evans]] decidiron formar unha banda de [[Música rock|rock]] chamada [[The Blades]]. O seu debut foi en 1963, no Blackpool’s Holy Family Youth Club, constituíndo a formación os seguintes músicos: Anderson á guitarra, Hammond ó baixo, Evans á batería e Michael Stephens, ex-guitarrista do grupo [[The Atlantics]]. O repertorio da banda baseábase en temas blues inspirados por xente coma [[Sonny Terry]], [[Howling Wolf]], [[Brownie McGhee]], [[Graham Bond]] e outros músicos norteamericanos e británicos do mesmo estilo musical.
 
Con esta formación e repertorio estiveron actuando unha tempada, ata que comezaron a sucederse os cambios no seo da banda, que rematou estabilizándose coa inclusión de [[Barriemore Barlow]] á batería e o paso de John Evans ós teclados, que era o instrumento que dende un principio máis lle gustaba. Así chegouse ó primeiro cambio de nome na banda (aínda que non sería o último, como veremos), pasando a chamarse en 1965 [[The John Evan Band]], e incluíndo no seu seo a un verdadeiro rosario de músicos: os mesmos que formaron The Blades menos Michael Stephens, que decidiu abandonar o grupo, e a inclusión de Derek Ward ó baixo, Jim Doolin á trompeta, Martin Skyrme ó saxofón e Chris Riley á guitarra. Durante os seguintes dous anos, 1966 e 1967, o grupo tocou nos clubs máis prestixiosos do norte de [[Gran Bretaña]], entre os que destacaron o Twisted Wheel Chain e [[The Cavern]], en [[Liverpool]].
Liña 42:
1969 foi un ano moi importante para Jethro Tull, xa que na primavera do mesmo comezaron a súa primeira xira por Estados Unidos, nun principio como abreconcertos de [[Led Zeppelin]] ou [[Fleetwood Mac]]. A repercusión dos concertos que a banda ofreceu en Estados Unidos foi enorme, ata o punto de que son invitados a gravar en varios estudios musicais daquel país. Ditas gravacións foron moi frutíferas, e dunha delas xurdiu unha das mellores cancións na historia de Jethro Tull: "Living in the past", gravada nos Estudios Vantone de New Jersey. Este foi o primeiro sinxelo de Jethro que alcanzou o éxito, chegando incluso a facelos aparecer na televisión, concretamente no programa "Top of the pops". Este éxito, unido á publicación do seu segundo traballo, "Stand up", consolidou a Jethro Tull como unha das mellores bandas do momento. Gravado nos Estudios Morgan de Londres, "Stand up" alcanza rapidamente o número 1 das listas británicas e fai o propio noutros países europeos, chegando a ser disco de ouro, o primeiro que a banda consegue. Neste álbum aprécianse xa as características básicas do son típico do grupo, como poden ser a forma de tocar a frauta por parte de Anderson, as alternancias entre as partes suaves e fortes en moitas das cancións e a clara influencia da música medieval no son de Jethro Tull. Aquí aparecen instrumentos coma a balalaica ou a mandolina, que xunto á xa típica frauta (tocada en dous dos temas por Martin Barre) contribúen a dotar ós temas dun ambiente folk do que a banda xamais se desprendería, por moito que en ocasións Anderson declarase que odiaba a música folk. Pero non só se aprecian neste traballo influencias da música folk, senón que tamén podemos observar coma o rock duro aparece en temas coma "A new day yesterday", "Nothing is easy" e nas partes máis fortes doutros cortes do disco. Igualmente, a influencia da música clásica queda patente nada máis escoitar "Bourée", que é unha adaptación dunha composición de [[Johann Sebastian Bach]]. Todo isto supón que o grupo se afastara un pouco do son blues e jazz que caracterizou o seu primeiro traballo.
 
Ó éxito de "Stand up" seguiu a edición de dous novos sinxelos igualmente triunfantes: o primeiro deles estaba formado por "Sweet dream" na cara A e "17" na cara B, e publicouse en setembro de 1969. Nel aprécianse toques de orquestra que, se ben non eran rigorosamente unha primicia (o tema "Reasons for waiting", de "Stand up" xa tiña unha parte de orquestra amañada por David Palmer), sí que consolidan a vertente sinfónica do son de Jethro Tull. De feito, moitos dos seus seguintes discos incluíron extensas partes con amaños de orquestra. O outro single foi "Witch’s promise"/"Teacher", no que aparecen por primeira vez os xeniais toques de piano por parte de John Evans, que deste modo regresaba xunto cos seus colegas de toda a vida. Este disco saíu á venda en decembro de 1969, como preludio do seu seguinte álbum, o terceiro na historia do grupo, que se publicou en febreiro de 1970 e se titulou "Benefit". A saída á venda do Lp coincidiu coa segunda xira de Jethro Tull polos Estados Unidos, esta vez como estrelas absolutas. Existen algunhas testemuñas de dita xira, sobre todo da actuación do grupo no Carnegie Hall de [[Nova York]], onde ofreceron un dos seus mellores concertos que se recordan e onde moi probablemente comenzouse a forxar o halo de lenda que agora envolve á banda. Neste concerto graváronse dous temas que posteriormente formarían parte do álbum "Living in the past".
 
Centrándonos no álbum "Benefit", hai que dicir que é un dos seus discos menos influenciados polo folk e, polo contrario, máis próximo ó rock clásico co apoio dos teclados e, sobre todo, piano. Con todo, Ian Anderson conseguíu que soase diferente ó que o público estaba acostumado. Jimi Hendrix declarou en varias ocasións ser fan de Jethro Tull, e incluso chegou a coincidir co grupo nun memorable concerto: [[Illa de Wight]], un dos eventos máis emblemáticos do rock dos 70. Alí estiveron xente coma [[Bob Dylan]], [[Free]], [[The Doors]], [[Emerson Lake & Palmer]], [[Joan Baez]], [[Ten YearsS After]], [[The Who]] e un longo etcétera e, por suposto, Jethro Tull. Este festival celebrouse en agosto de 1970, dous meses despois da aparición dun novo single da banda, incluíndo os temas "Wond’ring again" e "Just trying to be". A pesar de que case tódolos compañeiros de cartel tiñan máis experiencia e táboas no negocio, Jethro foi o único grupo que tocou máis de tres horas seguidas a petición do público.
Liña 55:
En marzo de 1971 produciuse a terceira deserción no seo do grupo: Clive Bunker quería casar e cambiar de aires musicais, polo que se uniu a Robin Trower, Frankie Miller e James Dewar para formar o grupo ''Jude'', de nula relevancia na música moderna. O seu posto ocupouno outro vello amigo dos tempos de The Blades: Barriemore Barlow. Desta forma, Ian Anderson converteuse no único membro de Jethro Tull que quedaba do cuarteto inicial que gravou "This was". A formación do grupo quedaba, pois, da seguinte forma: Anderson á voz, guitarras acústicas e frauta, Barre coma guitarrista, John Evans ós teclados e pianos, Jeffrey Hammond ó baixo e o mencionado Barlow á batería.
 
Non obstante, existía unha sexta persoa que aínda que non era membro fixo do grupo, sí que comezaba a adquirir importancia polas súas numerosas e importantes colaboracións: David Palmer, que dende as súas intervención nun dos temas de "Stand up" seguiu achegando os seus coñecementos da música clásica para realizar diversos arranxos orquestrais nalgunhas cancións do grupo. Esta formación é considerada por moitos críticos coma a mellor e máis produtiva de toda a historia de Jethro Tull. O debut de Barriemore Barlow produciuse en maio de 1971, cando a banda gravou nos Sound Techniques Studios de Londres o EP "Life’s a long song", que incluía cinco temas: o que daba título ó disco, "Dr. Bogenbroom", "Up the pool", "For later" e "Nursie". Por estas datas comezan unha xira por todo o mundo que lles encumiaría coma uno dos mellores grupos en directo.
 
A pesar de que a imaxe do grupo sempre foi e segue sendo a de Ian Anderson tocando a súa frauta sobre unha soa perna, o certo é que o potencial en directo da banda nutríase en non pouca medida polas ideas dos seus membros, que desenvolvían os seus propios "numeriños" en directo. Estes pequenos detalles teñen grande importancia cando un grupo de rock se presenta ante os seus fans, sobre todo á hora de crear un clima propicio para á asimilación das súas cancións, pero tamén para conseguir "teatralizar" a música que neses momentos desenvolve e transmitir á audiencia algo que non se pode percibir a través do disco: a imaxe e o dinamismo dunha auténtica banda de rock. Nisto, Jethro Tull eran e seguen sendo uns auténticos mestres. Moitos grupos posteriores imitaron ata a saciedade os trucos de Anderson sobre o escenario, así como diversos efectos utilizados por el nos concertos. Na xira do 71 comezaron a escoitarse en vivo certos fragmentos do que sería o seu próximo disco.
Liña 61:
En abril do 72 publícase "Thick as a brick". Nada máis publicarse, moitos profesionais da radio situárono como o segundo mellor disco da historia da música moderna, por detrás do "Sgt. Pepper’s lonely hearts club band" de [[The Beatles]]. En seguida alcanzou o número 1 nas listas de Estados Unidos, algo que a banda merecía e víña perseguindo durante moito tempo. Posiblemente a resaca de "Aqualung" tivese moito que ver en tal logro, xa que moitos fans norteamericanos comezaron a darse conta do potencial de Jethro a partir deste disco, polo que esperaban con verdaderas ansias a súa nova obra. "Thick as a brick" é o primeiro Lp do grupo no que non encontramos temas separados, senón unha única canción que dura todo o disco, sen pausas ou interrupcións de ningún tipo, tan só o tempo que se tarda en cambiar de cara o álbum. Isto xa resultaba novedoso por sí só, aínda que non era o único novo na música da banda.
 
Así, podemos encontrar múltiples facetas novedosas, coma pode ser o formato do disco, en forma de periódico desplegable con numerosas páxinas nas que aparecen noticias de todo tipo, cheas de sarcasmo e humor. Xunto a este aspecto "visual", o son do grupo é moito máis elaborado, os arranxos comezan a ser extremadamente difíciles. Os cambios rítmicos, melódicos etc., sucédense sen parar, achegando cada un deles unha nova perspectiva do que estamos escoitando. A conxunción entre os membros da banda resulta aplastante. Moitos dudaron de que "Thick as a brick" puidese executarse en directo de forma adecuada, tal era o grao de dificultade instrumental do disco, pero equivocábanse, xa que a banda ofrecerá parte do que aparece no álbum nos seus concertos de 1971. "Thick as a brick" levou á banda ó cumio da popularidade e creatividade, aínda que as letras do disco aparecen asinadas por un tal Gerald Bostock, en realidade Ian Anderson preferiu utilizar dito pseudónimo e a truculenta historia dun niño prodixio de oito anos que gaña un concurso de poesía e logo é descalificado por deixar embarazada a unha nena de catorce, como un elemento máis de crítica social e imaxinación creativa, por suposto, como un reclamo para crear interese e incluso polémica entre os seus fans. Con todo, todo queda moi claro se se consulta á Sociedade de Autores Británica, xa que "Thick as a brick" aparece coma unha composición enteiramente de Anderson na súa letra e na súa música.
 
Os concertos de presentación de "Thick as a brick" por todo o mundo acompañáronse dun forte tratamento escénico, produto seguramente da influencia que en Anderson tiveron diversos shows televisivos como o Flying Circus de [[Monty Python]].
Liña 78:
En ámbolos dous discos, Ian Anderson atrévese co [[saxofón]], se ben o abandonaría posteriormente por razóns descoñecidas. Con todo, o mellor de "War child" foron, sen dúbida, os seus concertos en directo, dos cales escribiuse no seu momento que foron os mellores de toda a historia da banda, cheos de efectos visuais e sonoros, cun son impecable e unhas actuacións dos músicos moi dinámicas. Nestos concertos intervirían catro rapazas formando unha sección de corda e espidas de cintura para arriba. Respondían ós nomes de Elizabeth Edwards, Rita Eddowes e Helen, todas ó violín, e Katharine Thulborn ó violonchelo. Tamén participarían no seguinte disco da banda en estudio. Con todo, as actuacións de Jethro Tull en España, en 1974 (ano no que viñeron por primeira vez ó noso estado), non contaban con esta parte do espectáculo, prohibida pola censura, e as catro actuar ben cubertas.
 
"War child" publicouse en octubro de 1974, en metade dunha xigantesca xira que o grupo realizou polos Estados Unidos, Xapón, Australia, Europa etc. Alcanzou o nº 2 nas listas dos Estados Unidos e o nº 14 nas de Gran Bretaña, uns resultados similares ós de "A passion play", o "disco maldito" do grupo. Embriagados polo éxito dos seus concertos, cada vez máis fans acudían ós lugares nos que actuaban Jethro Tull para admirar as loucuras de Anderson sobre o escenario, a posta en escena da banda, o seu impecable son e, sobre todo, a un grupo que dende había varios anos pertencía á elite do rock. Como datos máis significativos, pódese dicir que na actuación da banda no Forum de [[Los Angeles]] víronlles en directo máis de cen mil persoas e que en Estados Unidos conseguiron que máis dun millón de fans asistisen ós seus concertos.
 
Durante este mesmo ano, Ian Anderson aínda tivo tempo para producir un dos mellores discos do grupo de folk-rock [[Steeleye Span]], "Now we are six", no que se adivina facilmente a man de Anderson en cada unha das cancións, e sobre todo no son do grupo, en especial da sección rítmica de baixo e batería.