Diferenzas entre revisións de «Gran Premio da China de 2013»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
}}
 
O '''Gran Premio de China 2013''' será unha carreira de [[Fórmula Un]] celebrada o 14 de abril de 2013 no [[Circuíto Internacional de Xangai]] de [[China]]. Será a terceira carreira da [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013|tempada de Fórmula Un 2013]].
 
== Clasificación ==
 
==== Q2 ====
Mark Webber, que marcou o cuarto mellor tempo na Q1, quedouse sen combustible durante o seu segundo intento de lograr un tempo. Non lle foi posible proporcionar o necesario litro de mostra de combustible, foi penalizado e veuse obrigado a empezar último da parrilla. Do mesmo xeito que fixeron con Sebastian Vettel cando se quedou sen combustible durante a cualificación para o [[Gran Premio de Abu Dabi de 2012]], o equipo Red Bull optou por cambiar a caixa de cambios do coche de Webber para mellorar a súa capacidade de adiantamento, o que lle obrigou a empezar desde o pit lane.
 
Foron eliminados Vergne, Maldonado, Webber, Sutil, Pérez e di Resta.
 
==== Q3 ====
 
Lewis Hamilton no Mercedes volveu rexistrar o mellor tempo da sesión e logrou a pole position. Kimi Räikkönen de Lotus Renault, foi segundo e Fernando Alonso de Ferrari, foi terceiro.
 
Hülkenberg optou por preservar os seus pneumáticos e non marcar un tempo para a Q3. Vettel tamén fallou en rexistrar un tempo, abortando o seu intento logo dun problema de freado. Jenson Button fixo unha volta simbólica para asegurar a oitava posición clasificatoria.
393.002

edicións