Renault F1 Team: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios, replaced: de Xapón → do Xapón (4)
Liña 69:
[[Ficheiro:Giancarlo Fisichella 2007 (crop).jpg|miniatura|300px| [[Giancarlo Fisichella]] pilotando o [[Renault R27|R27]] durante o [[Gran Premio de Malaisia de 2007]].]]
 
O [[10 de decembro]] de [[2007]] fíxose público que [[Fernando Alonso]] regresaba á escuadra francesa tras a rescisión do seu contrato con [[McLaren]]. [[Nelson Piquet Jr.]] sería o segundo piloto de Renault na [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2008|tempada 2008]]. Espérase unha gran mellora de rendemento que permita loitar á escuadra francesa por podios e vitorias logo de acabar 3º a [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2007|tempada 2007]] sen coñecer a vitoria nun só GP e con tan só un podio logrado por [[Heikki Kovalainen]] no [[Gran Premio dedo Xapón de 2007|Gran Premio dedo Xapón]]. Para iso contarán co bicampeón do mundo [[Fernando Alonso]], que logrou os maiores éxitos da marca e á nova promesa [[Nelson Piquet Jr]], fillo do tricampión do mundo [[Nelson Piquet]].
 
==== [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2008|2008]]: resurrección final ====
[[Ficheiro:Singapore grand prix 2008 alonso win.jpg|esquerda|miniatura|250px|Fernando Alonso logrou a vitoria no [[Gran Premio de Singapur de 2008|Gran Premio de Singapur]], logo de case dous anos do último triunfo de Renault.]]
 
Renault comezou a tempada mal en clasificación, con [[Fernando Alonso|Alonso]] 11º e [[Nelsinho Piquet]] 21º, aínda que en carreira [[Fernando Alonso|Alonso]] queda 4º, con abandono de [[Nelsinho Piquet]]. [[Fernando Alonso|Alonso]] acabou cuarto grazas a que foi o cuarto GP que menos coches acabaron e a que [[Heikki Kovalainen]] apertou o limitador de velocidade (que se usa para non exceder os 90 km/h no carril de boxes) na recta de meta na última volta. Na seguinte carreira, o [[Gran Premio de Malaisia de 2008|Gran Premio de Malaisia]], melloraron en clasificación colocando a Alonso 7º e a Piquet 13º. En carreira as cousas non lles saíron tan ben e só lograron un punto grazas ao 8º posto de [[Fernando Alonso|Alonso]], mentres [[Nelsinho Piquet|Piquet]] finalizou en 11º lugar. Na seguinte proba, no [[Gran Premio de Bahrain de 2008|circuíto de Bahrain]], o equipo Renault tivo moitos problemas e non levaron ningún punto. Porén, no [[Gran Premio de España de 2008|Gran Premio de España]], as novas melloras introducidas no monopraza fixeron do [[Renault R28|R28]] un coche máis competitivo, logrando un impresionante resultado na clasificación, con [[Fernando Alonso]] en 2º posto e [[Nelsinho Piquet|Piquet]] no 10º. Con todo, na carreira non tiveron sorte, e ningún dos seus coches puido finalizar o gran premio. [[Fernando Alonso]] rompeu motor cando marchaba en 5º posición con opcións de finalizar no podio. Pero as melloras volveron ilusionar ao equipo, que no [[Gran Premio de Turquía de 2008|Gran Premio de Turquía]] conseguiu colocar a [[Fernando Alonso|Alonso]] en 6º lugar e demostrando que poderían estar arriba o resto da tempada. Logo, no [[Gran Premio de Francia de 2008|Gran Premio de Francia]], no que o equipo Renault corría en casa, lograron unha boa clasificación colocando a [[Fernando Alonso]] 3º en grella e a [[Nelsinho Piquet|Piquet]] 9º. Con todo, en carreira, algúns problemas coa saída de [[Fernando Alonso]] e problemas na reposición (aos mecánicos quedóuselles enganchada a mangueira) fixeron perder a [[Fernando Alonso|Alonso]] varias posicións en carreira, e a 2 voltas do final o piloto español rodaba 7º e presionaba ao australiano [[Mark Webber]], mentres que [[Nelsinho Piquet|Nelson]] rodaba 8º. Pero o piloto brasileiro adiantou ao seu compañeiro de equipo cando este trataba de dobrar a un [[Force India F1|Force India]]. Tras este problema cos dobrados, [[Nelsinho Piquet|Nelsinho]] finalizaba 7º, o seu mellor resultado ata entón e con [[Fernando Alonso|Alonso]] 8º a pesar de todos os inconvenientes que tivo. Así, o equipo Renault colocou aos seus dous coches nos puntos por primeira vez esta tempada. No [[Gran Premio de Alemaña de 2008|Gran Premio de Alemaña]], [[Nelsinho Piquet|Nelson]] conseguiu o primeiro podio da tempada ao ser segundo grazas a unha estratexia dunha soa parada e aproveitar a saída do [[Safety car]]; mentres que [[Fernando Alonso]], tras ter unha mala carreira e un frouxo rendemento do coche, acabou 11º tras saír en 5º lugar. No [[Gran Premio de Hungría de 2008|Gran Premio de Hungría]], Renault alcanza os 1000 puntos na [[Fórmula 1]], 399 dos cales foron logrados por [[Fernando Alonso|Alonso]]. No [[Gran Premio de Singapur de 2008|Gran Premio de Singapur]], o piloto asturiano dá a Renault unha nova vitoria logo de case dous anos en branco, e no [[Gran Premio dedo Xapón de 2008|Gran Premio dedo Xapón]] demostra que o [[Renault R28|R28]] mellorou con outra vitoria e [[Nelsinho Piquet|Piquet]] en 4º lugar. Nas dúas últimas carreiras, [[Fernando Alonso|Alonso]] consegue un 4º posto e un 2º, demostrando todo o potencial dun coche que non funcionaba a principios do mundial.
 
==== [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2009|2009]]: ano para esquecer ====