Abrir o menú principal

Cambios

m
arranxiños
'''Filipe II de [[España]]'''<ref>Pierson, P. ''Felipe II de España''. Fondo de Cultura Económica, 1984. ISBN 968-16-1707-X, 9789681617073.</ref><ref>Menéndez Pidal, R.; Fernández Álvarez, M; Jover Zamora, J.M. ''La España de Felipe II (1527-1598)''. Espasa Calpe, 2002. ISBN 84-670-0276-X, 9788467002768.</ref><ref>Sepúlveda , J.G. de. ''Historia de Felipe II, Rey de España''. Ed. a cargo de Fortea Pérez, J.I. Ayuntamiento de Pozoblanco, 1998. ISBN 84-920640-0-5, 9788492064007.</ref><ref>Menéndez Pidal, R. ''Historia de España: El siglo XVI : economía, sociedad, instituciones''. Espasa-Calpe, 1989. ISBN 84-239-4800-5, 9788423948000.</ref><ref>Hickling Prescott, W; Foster Kirk, J. ''History of the reign of Philip the second, king of Spain''. Routledge, 1848.</ref><ref>Rodriguez-Salgado, M.J. "The Court of Philip II of Spain". En ''Princes Patronage and the Nobility: The Court at the Beginning of the Modern Age, cc. 1450-1650''. Ed. a cargo de Asch, R.G; Birke, A.M. Nova York, Oxford University Press, 1991. ISBN 0-19-920502-7.</ref><ref>Hume, Martin. Philip II of Spain. London, 1897.</ref>, nado en [[Valladolid]] o [[21 de maio]] de [[1527]] e falecido en [[El Escorial]], Madrid, o [[13 de setembro]] de [[1598]], foi rei de [[España]] entre 1556 e 1598 e de [[Portugal]] e os [[Algarve]]s, ([[Filipe I de Portugal]]) entre 1580 e 1598.<ref>Oficialmente, nunca se chamou [[rei de España]] (con este nome era coñecido no estranxeiro). Os títulos variaban duns territorios a outros e, desde [[1585]] oficialmente ostentaba os que figuran na sección ''Títulos''.</ref>
 
Fillo e herdeiro de [[Carlos I de España]] e [[Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico|Sabela de Portugal]], e neto por vía paterna de [[Xoana I de Castela]] e de [[Filipe I de Castela|Filipe de Habsburgo]], e de [[Manuel I de Portugal]] e [[María de Aragón]] por vía materna. Chamado ''o rei prudente'', realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta añosanos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.
 
Desde a súa morte foi presentado polos seus defensores como arquetipo de virtudes, e como un monstro fanático e despótico polos seus inimigos. Esta dicotomía entre a ''Lenda Negra'' e a ''Lenda Branca'' ou ''Rosa'' foi favorecida por el mesmo, xa que se negou a que se publicaran biografías súas en vida, e ordenou a destrución da súa correspondencia.{{Cómpre referencia}}
97.816

edicións