Andy Warhol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 70:
Warhol acostumaba frecuentar diversos clubs nocturnos de Nova York, como o ''Max's Kansas City'', o ''Serendipity 3'' e, máis adiante, o célebre ''[[Studio 54]]''.<ref>{{cita web |url=http://www.maxskansascity.com/warhol/ |título=Andy Warhol Biography: From The Velvet Underground To Basquiat |data= |dataacceso=6 de xaneiro de 2009}}</ref> Normalmente comportábase como un tranquilo, tímido e meticuloso observador. O crítico de arte Robert Hughes chamouno ''"o lunar branco de Union Square".''<ref name="Hughes">{{cita libro |nome=Robert |apelidos=Hughes |título=Things I didn't know: a memoir |editorial=Knopf |localización=Nova York |ano=2006 |páxina= |isbn=1-4000-4444-8 |oclc=64208378}}</ref>
O seu estilo inicialmente rupturista foi progresivamente asimilado polo circuíto de galerías e polos círculos adiñeirados, ós que satisfacía con retratos por encargo. Esta etapa é xulgada de xeito dispar pola crítica actual.
Nos añosanos 70 fai retratos dos seus amigos, clientes habituais da discoteca ''[[Studio 54]]'', entre eles [[Carolina Herrera]], [[Liza Minnelli]] e [[Elizabeth Taylor]]. É tamén nesta época cando é contratado por varios fabricantes de automóbiles para pintar os seus vehículos de competición dunha maneira que chamase a atención, entre eles [[BMW]]. Así, creouse o ''[[art car]]''. Ditos vehículos participaban sobre todo nas famosas [[24 horas de Le Mans]].
Son famosas as sús ''[[cápsula do tempo|cápsulas do tempo]]'', onde gardaba (dende o ano 1974) cousas cotiás en caixas de cartón, como expón en ''Philosophy of Andy Warhol'', o seu primeiro libro. En 1979 exhibe, de maneira importante, no Whitney Museum de Nova York, a súa serie de retratos ''Portraits of the Seventies'' (Retratos dos setenta).