Illas Chafarinas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 13:
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Chafarinas desde el cabo de Agua (3).jpg|thumb|Vista das illas Chafarinas desde a costa marroquí]]
O arquipélago das Chafarinas (''Ya`fariyya'' en [[Lingua árabe|árabe]] e ''Takfarinas'' en [[lingua bérber|bérber]]) está situado na zona meridional do [[mar de Alborán]] (35º 11' N 2º 26' W), a unhas 27 millas náuticas ao leste de [[Melilla]] e a 2,5 ao norte do [[Cabo da augaAuga]] (''Ras el Ma''), na costa [[Marrocos|marroquí]]. As illas atópanse separadas da costa africana por unha plataforma continental relativamente uniforme e de escasa profundidade (10-15 metros), que recibe a influencia sedimentaria do río [[Muluya]], cuxa desembocadura está próxima á fronteira con [[Alxeria]].
 
De orixe volcánico, consta de tres illas denominadas [[illa do Congreso]], [[Illa Isabel II|Isabel II]] e [[Illa do Rei, Chafarinas|Rei Francisco]], estando habitada actualmente só a segunda. A do [[illa do Congreso|Congreso]] é a illa máis occidental, a de maior tamaño con 22,5 hectáreas, e a máis alta, alcanzando a súa cima os 137 metros sobre o nivel do mar. Isabel II (15,9 ha; 35msnm) atópase situada entre as outras dúas, separada 1 km da anterior e uns 175 m do Rei Francisco, a illa máis oriental, con tan só 12,7 hectáreas e de menor altura (31 msnm).