Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: {{Commonscat}}
Liña 32:
== A morte e a lenda ==
 
Tendo a emperatriz falecido en Toledo, e estando nesa época o soberano en Granada, encargou este o futuro S. Francisco de Borja, un dos moitos apaixonados platónicos da bela emperatriz, da conducir até si a fin da sepultar. Chegados alí, ao abriren cerimoniosamente o caixón de D. Sabela, a fin de verificaren a identidade do rexio cadáver, a súa descomposición ía xa avanzada, destruíndo a fermosura da máis bela muller daquel tempo, segundo rezaban os literatos de entón. Segundo a lenda, perante a fedorenta visión do seu cadáver descomposto o aínda Duque de Gandia, casado coa portuguesa D. Leonor de Castro, unha das súas damas, e que tanto e tan longamente amara a emperatriz á distancia, xurou nunca máis servir a señor humano algún, virándose unicamente para o servizo divino; e ao enviuvar de D. Leonor, algúns anos despois, optará pola vida relixiosa ingresando na [[Compañía de Xesús]]. O novo padre Francisco de Borja foi o terceiro Xeral da Compañía, sendo despois canonizado como [[San [[Francisco de Borja]]. Porén, sabemos agora que a famosa frase despois atribuída ao duque, e que deu nome ao célebre poema de Sophia de Mello Breyner titulado "Meditación do Duque de Gandia na morte de Sabela de Portugal", sobre a súa alegada decisión de nunca máis servir a señor mortal algún, foi si pronunciada por San Xoán de Ávila na oración fúnebre da emperatriz que proferiu durante as súas exequias. É aínda no entanto posíbel que S. Xoán de Ávila utilizase nas exequias imperiais a frase do humilde S. Francisco de Borja ao ser obrigado a contemplar descomposta a muller que amara, e que a tradición oral o soubese, ao atribuír a autoría desta a el e non a S. Xoán de Ávila.
 
==Véxase tamén==
{{Commonscat}}