Mucosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 4:
== Estrutura ==
 
Consta dun epitelio de varias capas de células de orixe ectodérmica<ref name="britan">{{cite web|url=http://www.britannica.com/science/mucous-membrane|title=Mucous membrane|publisher=Encyclopedia Britannica|accessdate=1 August 2015}}</ref> situada sobre unha [[lámina propria]] de tecido conxuntivo laxo. Os detalles varían segundo a rexión do corpo. Na mucosa da cavidade bucal a capa superior é un epitelio estratificado plano, pero que, a diferenza do da pel, non está completamente queratinizado. Debaixo está a lámina propia e nalgunhas zonas da boca hai unha submucosa laxa. No tubo dixestivo debaixo da lámina propia hai unha capa con fibras de [[músculo liso]], chamada ''[[muscularis mucosae]]'', e o epitelio superficial presenta diversas especializacións rexionais. No intestino a capa externa está especializada con células con [[microvilosidade]]s, que axudan a absorber os alimentos, chamadas [[enterocito]]s.