Diferenzas entre revisións de «Igrexa de San Pedro de Ansemil»

(corrixo *derrame)
 
=== Interior ===
A igrexa é de planta basilical de tres naves separadas por intercolumnios de arcos semicirculares peraltados e unha [[ábsida]] rectangular con dúas capelas engadidas. Cúbrese con tellado de madeira e as naves divídense en tramos por piares de sección cuadrangular no centro e adosadosacaroados no do testeiro e en columna no muro occidental. Os piares son encapitelados por unha moldura de tenia e chaflán recto uns e outros en nacela. As basas cunha moldura en chaflán recto, e unha delas presenta unhas piñas.
 
O interior do templo está encalado na súa case totalidade. No muro occidental sobre a moderna ventá unha cabeza de carneiro reaproveitada polos construtores da reforma da fachada no século vinte. Nos laterais do mesmo muro as dúas seteiras ábrense con derramo interior en arco de medio punto.
 
O muro meridional presenta unha seteira a medio tapiar e un grangrande arco apuntado que comunica coa capela funeraria. As naves cóbrense de madeira, plana na central e a unha vertente nas laterais.
 
==== As ábsidas ====
Tampouco presentan [[contraforte]]s os muros laterais. O '''muro meridional''' apenas é visible catro metros por ter engadida a capela. No beirado presenta unha decoración con bolas no chaflán da cobixa, con canzorros de follas, cabeza de felino e outra de bóvido. Tamén se abre cunha seteira. O '''muro setentrional''' semella modificado. Carece de cornixa e de seteiras. Ábrese cunha porta alintelada, o lintel un enorme perpiaño presenta traballado un arco de medio punto e inscrito nel un arquiño pentalobulado (con arcos de ferradura) e no seu interior unha cruz grega.
[[Ficheiro:San Pedro de Ansemil.Canzorro 8.JPG|miniatura|dereita|200px|Canzorro erótico]]
O '''muro occidental''' aparece prolongado por un contraforte que semella engadido con posterioridade. Ábrese cunha pequena seteira. No piñón do muro un carneiro cunha cruz treboladaen forma de trevo de brazos flexionados.
 
As ábsidas son rectangulares, sendo o central de maiores proporcións. As laterais cóbrense a unha auga e a central a dúas. O muro do testeiro da ábsida central ábrese cunha seteira. No muro lateral setentrional un beiril de chafrán recto con canzorros con cabeza de bóvido, folla picuda con poma, unha gran cabeza humana cuxo copro só se representa coas extremidades inferiores encollidas, un posible felino e un canzorro cun gran baquetón no extremo superior. No muro lateral meridional presenta unha ventá rectangular moderna e unha cornixa similar á do oposto con canzorros que representan: un animal indeterminado, unha cabeza de bóvido, un canzorro de voluta, unha figura humana, un de tema irrecoñecible e unha cabeza de felino.
10.308

edicións