Juan de Mariana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Obra: Añado imagen
m →‎Traxectoria: Humanismo renacentista
Liña 5:
Fillo natural do [[deán]] da colexiata de Talavera, Juan Martín, e de Bernardina Rodríguez, foi bautizado por iso na Pueblanueva o 2 de abril de 1536. Ao longo da súa vida houbo de soportar moitas afrentas a causa da súa humilde extracción.
 
Estudou [[Arte]]s e [[Teoloxía]] en [[Alcalá de Henares]], nunha atmosfera saturada de [[Humanismo renacentista|Humanismo]]. Alí tivo como mestre de noviciado a San [[Francisco de Borja]]. Profesou na [[Compañía de Xesús]] en 1554 en Simancas.
 
Acabou a súa formación sacerdotal no colexio xesuíta de [[Roma]] onde, a partir de 1561, foi un dos seus profesores, contando entre os seus alumnos ao futuro cardeal [[Roberto Belarmino|Belarmino]], que sería protector de [[Francisco Suárez]]. Logo foi enviado como profesor a [[Palermo]], en [[Sicilia]], e despois a [[París]], onde recibiu o grao de doutor e permaneceu cinco anos ensinando teoloxía sobre todo na Saint Barthélemy. Máis tarde estivo un tempo en [[Flandres]].