Colonia, Alemaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Estancamento: Humanismo renacentista
Liña 76:
=== Estancamento ===
[[Ficheiro:De Merian Mainz Trier Köln 075.jpg|miniatura|200px|Mapa de Colonia, M. Merian 1646 (N á dereita).]]
Só a torre do concello (1414) e a igrexa dos xesuítas foron as únicas construcións monumentais nos cinco séculos seguintes. O coro da catedral fora consagrado en 1322 pero pouco a pouco abandonáronse as obras e no 1560 suspendéronse definitivamente por razóns financeiras. Despois, durante trescentos anos, as grúas sobre a estrutura foron o símbolo visible do estancamento da cidade. A puxanza comercial crecente dos [[Países Baixos]] na foz do Rin e a paralela perda de relevancia da Liga Hanseática, ademais dos conflitos permanentes cos arcebispos desterrados e os protestantes labraron o estancamento económico de Colonia (non contares con corte na época do [[Humanismo renacentista|humanismo]] e [[absolutismo]] privou de [[renacemento]] e [[barroco]] destacables á cidade). A [[Guerra dos Trinta Anos]] (1618-48) puxo a puntilla ó declive.
 
Precisamente a causa da guerra as murallas foron reforzadas cun sistema de baluartes nun amplo ''glacis''. Tamén neste período (dende 1560) efectuáronse obras de canalización das beiras do Rin (en Deutz) para previr inundacións.