Colonia, Alemaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 57:
Bispado xa dende [[313]] o primeiro bispo coñecido, Materno, erixira unha primitiva igrexa coma modesta catedral no límite nordeste da Colonia Agripina, xunto á muralla (seica no lugar dun templo romano, hoxe baixo o coro do ''Domo'' actual). Tamén de orixe na época romana son as igrexas de San Severino, San Xereón e Sta. Úrsula (primitivos ''martyria'' en cemiterios fóra de murallas). A temperá cristianización dos merovinxios (o rei [[Clodoveo I]] en 496) favoreceu o enriquecemento de aquelas (baptisterio na catedral e outros anexos) e a creación de novas institucións relixiosas coma San Kuniberto (tamén fora de murallas ao norte), Santa María no Capitolio (sobre os cimentos do antigo templo romano) e San Xurxo (a carón da porta sur da muralla).
[[Ficheiro:Köln st pantaleon.jpg|miniatura|200px|esquerda|S.Pantaleón, fachada (''Westwerk'').]]
Despois da elección de Hildebold coma primeiro arcebispo foi erixida unha verdadeira primeira catedral (s. IX, carolinxia) e novos templos foron construídos (Santos Apóstolos ao oeste da muralla, Santo André na porta norte e Santa Cecilia sobre as termas romanas). O saqueo vikingoviquingo do [[882]], tralo que as murallas foron reconstruídas, daba conta da debilidade do Sacro Imperio no final do período carolinxio.
[[Ficheiro:Köln Fortifikatorische Entwicklung.svg|miniatura|200px|Evo. das murallas (ata 1108 laranxa).]]
Pero na época otoniana o esforzo construtor recuperouse. O arcebispo Bruno (irmán do emperador [[Odón I]]) restaurou a catedral, erixiu a igrexa de San Pantaleón e iniciou a de San Martiño o Grande. Precisamente a área de S. Martiño, a antiga illa do Rin, fora consolidada na época carolinxia coma zona suburbana, fundamentalmente de comerciantes asociada ao porto (a ''Rheinvorstadt''). Cun tecido moito máis denso de rúas paralelas ao río, arredor de 950/60, tamén durante a éxida de Bruno, a muralla amplíase ata a beira do Rin incorporando así as dúas prazas de mercado que contiña, ''Alter Mark'' e ''Heumarkt'' (o mercado vello e o do feo) <ref>''Planta esquemática das murallas romanas e as novas de 950 arrodeando a Rheinvorstadt coas dúas prazas de mercado (xunto a S. Martiño a vella, embaixo a longa do feo)'' [http://www.bilderbuch-koeln.de/img/89/e8/20289.978x1304xin.jpeg]</ref>. Na beira oposta, no arrabalde de Deutz (onde Constantino erixira a fortaleza ''Divitia'') outro arcebispo, Heriberto, fundou en 1003 a abadía do seu nome.