Diferenzas entre revisións de «Revolución copernicana»

m
En tempos de Galileo, a [[física]] adquiriu o status de [[Modelo científico|modelo]] de [[ciencia]], modelo que debería seguir todo saber que quixera alcanzar a categoría de [[coñecemento]] científico. A tarefa da ciencia do século XVII foi encontrar [[técnica]]s precisas para ter o control [[racional]] da [[Experimentación|experiencia]] e mostrar como conceptos matemáticos se poden utilizar para explicar os fenómenos naturais.
 
Esencialmente, o éxito de Galileo debeuse á súa capacidade para combinar as funcións de erudito e de artesán. Para iso aceptou lasas técnicas dos [[artesán]]s —as [[Lente (óptica)|lente]]s, o [[astrolabio]], as [[Bomba hidráulica|bomba]]s— e o razoamento lóxico-matemático desenvolvido polos [[Antiga Grecia|antigos gregos]] e a [[Escolástica (filosofía)|escolástica]] medieval. A partir de datos repetíbeis, ordenados baixo [[Principio (física)|principio]]s matemáticos, Galileo formulou a lei da caída dos corpos, as leis do movemento dos proxectís e a lei do péndulo. É dicir, que reduciu a leis os diversos feitos observados utilizando un [[razoamento indutivo]].
 
As formulacións de Galileo foron decisivas na revolución intelectual e científica do século XVII. Os seus traballos sobre a [[mecánica]] e a [[dinámica]], sumados aos esforzos dos [[astronomía|astrónomos]] Copérnico e [[Johannes Kepler]] foron integrados e sistematizados por Isaac Newton.
105.996

edicións