Diferenzas entre revisións de «Revolución copernicana»

m
m (Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}} using AWB)
 
== Historia e características ==
A transformación da sociedade occidental de [[Idade Media|medieval]] a [[Idade Moderna|moderna]], no seu aspecto de cambio de mentalidade cara á [[modernidade]], significou unha nova consideración da [[natureza]] desde un novo pensamento científico, permitido polo uso da [[razón]] humana sen suxeición ao ''principio de autoridade''.<ref>Como estaban sometidos os escolásticos, á ''autoridade dos Padres da Igrexa''.</ref> Desde o [[Renacemento]], o [[antropocentrismo]] [[humanismo renacentista|humanista]] substitúe ao [[teocentrismo]] da [[Escolástica (filosofía)|escolástica]]. O [[Barroco]] revalorizaría os [[sentidos]] e a [[experiencia]] como fonte de [[coñecemento]]. [[Racionalismo]] e [[empirismo]] serán dúas orientacións filosóficas opostas, pero complementarias.
 
En tempos de Galileo, a [[física]] adquiriu o status de [[Modelo científico|modelo]] de [[ciencia]], modelo que debería seguir todo saber que quixera alcanzar a categoría de [[coñecemento]] científico. A tarefa da ciencia do século XVII foi encontrar [[técnica]]s precisas para ter o control [[racional]] da [[Experimentación|experiencia]] e mostrar como conceptos matemáticos se poden utilizar para explicar os fenómenos naturais.
105.897

edicións