Jacques-Louis David: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎Primeiros anos: Roma Antiga
Liña 15:
David tentou gañar o [[Premio de Roma]], catro veces entre [[1770]] e [[1774]], que consistía nunha bolsa para unha estanza de catro anos na [[Academia Francesa en Roma]]. Unha delas, de acordo á lenda, perdeuno porque non consultara a Vien, un dos xuíces que outorgaba o premio. Outra, porque outros estudantes estiveran a competir durante anos e Vien pensou que a educación de Davidpodía esperar, non así a deses outros pintores. En protesta, David púxose en folga de fame. Ao quinto intento, en 1774 David gáñao finalmente. O máis usual neste caso, é que David tivese asistido a outra academia antes de ir á Academia en Roma, pero a influencia de Vien permitiulle ir directamente alí en 1775, cando Vien foi nomeado director da Academia de Francia en Roma.
 
Xa en [[Italia]], David puido acceder de primeira man ás obras mestras e ás ruínas da [[Roma Antiga|antiga Roma]]. David encheu multitude de cadernos con numeroso material que utilizaría durante o resto da súa vida. Reuniuse co influente pintor neoclásico [[Rafael Mengs]]. A través del, introduciuse nas teorías pioneiras do historiador de arte [[Johann Joachim Winckelmann]]. Durante a súa estanza en Roma, estudou os grandes mestres, sendo o seu preferido Rafael. En 1779, David puido visitar as ruínas de Pompeya onde quedou impresionado acompañado polo escultor [[François Marie Suzanne]].
 
== Primeiras obras ==