Club Deportivo Estradense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
formato
Sen resumo de edición
Liña 30:
A xunta directiva alugou un terreo onde está o chalé da familia Blanco, para construír un campo, coñecido como A Decoita ou O Barrio Novo. Nel xogouse o primeiro partido oficial en abril de 1926 contra o Trust Escolar de [[Santiago de Compostela]]. O partido rematou 4-3 a prol do Estradense, que formaron con Cándido, Díaz, Mella; Juanito, Cándido, Cantón; Seso, Rey, Reino, Jesús e Carballeda. No ano 1926 o Deportivo Estradense figura federado na Serie C Rexional, terceira categoría a nivel galego.
 
O campo de herba do Barrio Novo ou da Decoita foi valado e construíronse gradasbancadas escalonadasen chanzos aproveitando o desnivel do terreo. Inaugurouse en marzo de 1927, o martes de Pascua, e nel xogaron o [[Celta de Vigo]], o [[Eiriña Club de Fútbol|Eiriña CF]] de [[Pontevedra]] e outros clubs galegos punteiros.
 
A comezos da década de 1930 os propietarios reclamaron os terreos do campo. Meses despois a xunta directiva presidida por Manuel Durán Esmorís alugou unha carballeira á familia Leyes -detrás da actual estación de autobuses- na que se fixo un campo de reducidas dimensións, aberto, cunha lixeira costa e cunha toxeira contigua que servía como vestiario precario. Porén, no primeiro lustro da década de 1930 o fútbol estradense acadou o seu máximo nivel, con xogadores como [[Gonzalo Varela Agrelo]], que sería xogador e capitán do Celta en Primeira División durante varios anos; Enrique Durán, a proba polo Celta nunha pretempada; Manolo Torrado, pretendido polo Oviedo; Augusto Reino, xogador do Eiriña; Pedro Sande, posteriormente xogador do Pontevedra e Verino Durán, quizásquizais tecnicamente o mellor xogador da Estrada, entre outros xogadores locais que por diversas circunstancias non poideron destacar en clubs de superior categoría. A guerra civil coutou as aspiracións deportivas de varios xogadores, e causou a morte a Secundino Campos Pego, deseñador do escudo do equipo, redactor do primeiro Regulamento e compositor dun himno. Coa chegada do [[Franquismo]] o equipo houbo modificar o seu uniforme, deixando a cor vermella.
 
Tras a fin da guerra a familia Leyes recuperou os seus terreos. A rapazada ía xogar os seus partidos ó Campo da Feira, costa arriba e costa abaixo, e despois a un recinto na explanada onde o Concello botaba o lixo, atravesado por unha liña de alta tensión eléctrica. Pedíuselle ao Concello que acondicionase o recinto nacendo así o Campo da Baiuca.
Liña 164:
|}
 
=== PalmaresPalmarés ===
*Preferente Autonómica '''(1)''' 1990-91)
Segunda*Primeira División Autonómica '''(1)'''1987-88, 19822004-8305)
 
Primeira*Segunda División Autonómica '''(21982-83)''' 1987-88, 2004-05
 
Segunda División Autonómica '''(1)''' 1982-83
 
== Véxase tamén ==