Nápoles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 75:
=== Desenvolvemento baixo o dominio español ===
[[Ficheiro:Napoli BW 2013-05-16 14-05-42 DxO.jpg|miniatura|esquerda|200px|Castel Nuovo de Afonso I de Aragón.]]
En 1442 o Reino de Sicilia e Nápoles pasa ao poder da [[Coroa de Aragón]]. O [[humanismo]] renacentista]] vai ter un foco na corte de [[Afonso V de Aragón|Afonso I]] quen refai o Castel Nuovo erixindo novas torres e cun magnífico arco triunfal de acceso.<ref>''Vista en contrapicado do acceso a Castel Nuovo baixo o arco triunfal'' [http://farm4.static.flickr.com/3245/2902147627_7e2c44a503.jpg]</ref> Un novo recinto de murallas esténdese ata o castelo abarcando xa a área do ''Largo delle Corregge''.<ref>''Planta de Nápoles coas murallas aragonesas; nótese na cidade vella os recintos das grandes igrexas medievais (rentes dos tres decumanos do trazado inicial) e a Praza do Mercado no extremo inferior dereito'' [http://i50.tinypic.com/a0e16d.jpg]</ref> A poboación comeza a medrar por mor dunha inmigración continuada e acada os 110.000 habitantes cara a finais do século.
 
Nos dous séculos seguintes, baixo o goberno dos vicerreis do [[Imperio Español]], Nápoles mantivo a tendencia de forte crecemento económico e poboacional que a levaron a se converter nunha das maiores cidades de [[Europa]], con 300.000 habitantes, só por detrás de [[París]] e [[Londres]]. Tamén no cultural continuou a súa ascensión, con nomes coma os de [[Caravaggio]] e [[José de Ribera|Ribera]] o "''Spagnoletto''", [[Giordano Bruno]], T.Campanella ou [[Giambattista Vico]] asociados á Nápoles deste tempo.