Ciencias naturais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: Control de autoridades
m →‎Os presocráticos: Epicuro de Samos
Liña 49:
 
==== Os presocráticos ====
{{AP|Presocráticos}}
 
Os filósofos denominados [[presocráticos]] son os primeiros en interrogarse sobre os fenómenos naturais. Chamados φυσιολογοι (''physiologoi'', "fisiólogos") <ref>Do [[lingua grega|grego clásico]] φύσισ (''phýsis'', "natureza"), e λόγος (''lógos'', "palabra", "expresión", "razoamento").</ref> por Aristóteles porque tiñan un discurso racional sobre a natureza, investigan sobre as causas naturais dos fenómenos que chegaron a ser os primeiros obxectos do método.
[[Tales de Mileto]] (ca. 625 - 547 a.C.) e [[Pitágoras]] (ca. 570 - 480 a.C.) contribuíron principalmente ao nacemento dalgunhas das primeiras ciencias, como as matemáticas, a xeometría ([[teorema de Pitágoras]]), a astronomía e mesmo a música. As súas primeiras investigacións están marcadas pola vontade de imputar a constitución do mundo (ou κόσμος, ''cosmos'') a un principio natural único (o lume para [[Heráclito]] por exemplo) ou divino (para [[Anaximandro]]).
Liña 63:
</gallery></center>
 
Os presocráticos inician tamén unha reflexión sobre a [[teoría do coñecemento]]. Constatan que a razón por unha parte e os sentidos por outra conducen a conclusións contraditorias; [[Parménides]] opta pola razón e estima que só ela pode levar ao coñecemento, debido a que os nosos sentidos equivócanos. Estas concepcións favoreceron a reflexión matemática. Pola contra, foron un obstáculo para o desenvolvemento das outras ciencias, e singularmente das ciencias experimentais. A estes filósofos oponse a corrente [[Epicuro de Samos|epicúrea]], iniciada por [[Demócrito]], contemporáneo de [[Sócrates]]. Os aspectos máis destacados da súa doutrina eran o [[hedonismo]] e o [[atomismo]].
<center><gallery>
Ficheiro:Bramante heracleitus and democritus.jpeg|''O chorón [[Heráclito]] e o risoño [[Demócrito]]''