Gas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Lei dos gases ideais: Máis de es.wiki
Liña 51:
 
Desta lei dedúcese que un mol (6,022×10<sup>23</sup> átomos o moléculas) de gas ideal ocupa sempre un volumen igual a 22,4&nbsp;[[litro]]s a 0&nbsp;[[Celsius|°C]] e 1 [[atmosfera (unidade)|atmosfera]].
 
== Comportamento dos gases ==
Para o comportamento térmico de partículas da materia existen catro cantidades medibles que son de grande interes: [[presión]], [[volume (física)|volume]], [[temperatura]] e [[masa]] da mostra do material (ou mellor, a [[cantidade de substancia]], medida en [[mol]]es).
 
Calquera gas consíderase un [[fluído]] porque ten as propiedades que lle permiten comportarse como tal. As súas moléculas, en continuo movemento, colisionan [[Choque elástico|elasticamente]] entre elas e contra as paredes do recipiente que o contén, contra as que exercen unha presión permanente. Se o gas se quenta esta enerxía calorífica convértese en enerxía cinética das moléculas, é dicir, as moléculas móvense con maior velocidade, polo que o número de choques contra as paredes do recipiente aumenta en número e enerxía. Como consecuencia a presión do gas aumenta, e se as paredes do recipiente non son ríxidas, o volume do gas aumenta.
 
Un gas tende a ser activo quimicamente debido a que a súa superficie molecular é tamén grande, é dicir, ao estaren as súas partículas en continuo movemento chocando unhas coas outras fai máis fácil o contacto entre unha substancia e outra, aumentando a velocidade de reacción en comparación cos líquidos ou os sólidos.
 
Para entender mellor o comportamento dun gas, sempre se realizan estudos con respecto ao gas ideal, aínda que este en realidade nunca existe e as propiedades deste son:
* Unha substancia gasosa pura está constituída por moléculas de igual tamaño e masa. Unha mestura de substancias gasosas está formada por moléculas diferentes en tamaño e masa.
* Debido á gran distancia entre unhas moléculas e outras e a que se moven a gran velocidade, as forzas de atracción entre as moléculas considéranse despreciables.
* O tamaño das moléculas do gas é moi pequeno, polo que o volume que ocupan as moléculas é despreciable en comparación co volume total do recipiente. A densidade dun gas é moi baixa.
* As moléculas dun gas atópanse en constante movemento a gran velocidade, polo que chocan [[Choque elástico|elasticamente]] de forma continua entre elas e contra as paredes do recipiente que as contén.
 
Para explicar o comportamento dos gases, as novas teorías empregan tanto a estatística como a teoría cuántica, ademais de experimentar con gases de diferentes propiedades ou propiedades límite, como o [[hexafluoruro de uranio|UF<sub>6</sub>]], que é o gas máis pesado coñecido.
 
Un gas non ten forma nin volume fixo; caracterízase pola case nula cohesión e a grande enerxía cinética das súas moléculas.
 
==Véxase tamén==