Ikurriña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *boceto
Liña 18:
A verba ''ikurriña'' é tamén creación de Arana, un neoloxismo procedente de ''ikur'' (''simbolo'' en éuscaro) que pretendía traducir ó [[éuscaro]] o vocábulo [[lingua castelá|castelán]] ''bandera'' (compárese coa voz catalana ''[[senyera]]''). Na práctica úsase só, tanto en castelán como en éuscaro, para referirse a esta enseña en concreto. Actualmente as grafías máis habituais son ''ikurriña'' en castelán e ''ikurrin(a)'' en vasco.
 
Arana deseñou bocetosesbozos de bandeiras para outros territorios vascos, pero non se chegaron a difundir. A ikurriña, inicialmente símbolo de Biscaia, converteuse nuns anos en símbolo do [[País Vasco]], arreconchegando símbolos máis antigos como o ''[[lauburu]]'' ou o ''[[arrano beltza]]'' (aguia negra) do [[Reino de Navarra]]. Adoptouse como enseña oficial do País Vasco en [[1934]], pero foi ilegalizada polo goberno militar sublevado en 1936. Durante o goberno de Francisco Franco a súa exhibición foi duramente perseguida en España, o que a converteu nun símbolo anti-franquista. En parte por iso, foise popularizando no [[País Vasco francés]]. Durante os inicios da transición española trala morte de Franco, a súa exhibición seguiu sendo castigada en ocasións, pero relaxouse a presión. Así, por exemplo, o 5 de decembro de 1976, ó inicio dun partido de fútbol entre a Real Sociedad de San Sebastián e o Athletic Club de Bilbao, os capitáns de ambos equipos saíron ó campo portando unha ikurriña, sen ser detidos. O 19 de xaneiro de 1977 volveu a permitirse o seu uso en España, e en 1979 o estatuto do País Vasco recoñeceuna como a bandeira oficial.
 
[[Ficheiro:Flag of Saint-Pierre and Miquelon.svg|miniatura|dereita|[[Bandeira de San Pedro e Miquelón]], Francia.]]