Filipe IV de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 36:
En [[1624]] a ideoloxía reformadora plasmouse no ''Gran Memorial'', destacando, como grandes líñas de actuación, a consecución dunha [[monarquía]] de talante administrativo, dominada pola eficacia e la racionalización das accións de [[goberno]], encaminadas cara o cumplimento de obxectivos e con criterios puramente executivos.
 
Porén, diversos problemas farían fracasar o proxecto reformador. A cantidade decrecente do [[ouro]] americano que chega ao porto de [[Sevilla]] entre [[1619]] e [[1621]], a oposición das [[Cortes de Castela]] a cambios nos impostos, a oposición dos países contra a ''Unión de Armas'' e o enfrontamento dos consellos con o Conde-Duque e as súas xuntas. Todo coincidíu para que se declarase a primeira [[quebra]] da [[monarquía]] en [[1627]], logo de conseguir dúas grandes vitorias militares en [[1625]] ([[Baiía]] e [[Breda]]). Ademais, a intervención en [[Bohemia]] en [[1618]] e o fracaso na renovación da tregua de [[Antuerpen]] en [[1621]] viciaron a [[política]] exterior, provocando un quebradeirocrebadeiro de cabeza para o goberno de Olivares.
 
A situación foise convertendo de dramática en desastrosa. Apesar do beneficio que, en primera instancia supora a [[quebra]] ao contribuír a enxugar o [[déficit]], os feitos posteriores resultarían nefastos. Así, entre [[1621]] e [[1626]] procedeuse a cuñar moeda de "vellón" en exceso; a carísima intervención en [[Mantua]] foi seguida das derrotas de Matanzas ([[1628]]), Hertogenbosch ([[1629]]) e [[Pernambuco]] ([[1630]]). As medidas tomada empeoraron a situación: a abolició dos millóns por parte de Filipe IV, e o aumento excesivo do [[monopolio]] do [[cloruro de sodio|sal]] en [[1631]] provocaron a rebelión de [[Biscaia]] (1631-1634). Os proxectos de reforma quedaron definitivamente arrombados, instalada a monarquía nun esforzo bélico que implicaba todos os territorios e que consumía os escasos recursos da Facenda.