Ano luz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Ano}}
Un '''ano luz''' é unha unidade de [[lonxitude (física)|lonxitude]], utilizada en [[astronomía]], que corresponde á [[distancia]] percorrida no [[baleiro|vacuo]] pola [[luz]] durante un [[ano (astronomía)|ano]]. Máis precisamente, é a distancia percorrida por un [[fotón]] no vacuo a unha distancia infinita de calquera [[campo gravitatorio]] ou [[campo magnético|magnético]], nun [[calendario gregoriano|ano gregoriano]] medio e a unha velocidade de 299.792.458 m/s.
 
Para calcular o valor en quilómetros dun ano luz utilízase a velocidade indicada (299.792.458 m/s) e como tempo un [[Ano Gregoriano]] Medio (ver [[Calendario gregoriano]]) con 365,2425 días. Así temos que o ano luz mide 9 460 536 207 068,016 km (aproximadamente 9,46 billóns de quilómetros); ou ben 63.241 unidades astronómicas ([[Unidade astronómica|UA]]).