Xinkgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Morfoloxía: Arranxos varios using AWB
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 23:
 
== Morfoloxía ==
Os xinkgos son árbores moi altas, que poden acadar os 40 m. de altura, pero que habitualmente quedan máis baixos.<ref name=Arbores/> Algúns exemplares da China pasan dos 50 metros. Teñen unha copa angular e pólas longas. Enraizan profundamente, o que lles permite resistir os ventos fortes e as nevadas. Os exemplares novos son a miúdo altos e delgados, con polas moi espalladas, que van enmestecendo cos anos. As follas no outono toman unha coloración amarela brillante antes de caeren, o que ás veces fan moi axiña (entre 1 e 15 días). A súa resistencia fronte as enfermidades, os ataques dos insectos e a habilidade para formar bochos fainos árbores de vida longa, calculándose que algúns exemplares teñen máis de 2.500 anos de idade. Na provincia [[China|chinesa]] de [[Shandong]] hai un exemplar do que se di que ten 3.000 anos.<ref>A. Lewington & E. Parker (1999). ''Ancient Trees.'' London: Collins & Brown Ltd. ISBN 1-85585-704-9. p. 183.</ref>
 
Algúns xinkgos vellos producen raíces aéreas, que se forman na cara inferior de polas grandes e medran cara a abaixo. O crecemento destas raíces é moi lento e pode durar centos de anos. A función destas raíces aéreas non é ben coñecida.