Diferenzas entre revisións de «Cultura castrexa»

(Desfíxose a edición 3867105 de 77.27.188.166 (conversa))
* Os máis numeroso corresponden á '''terceira función''', deuses da fecundidade animal e humana e da riqueza. Entre eles pódense establecer distintos grupos segundo as súas áreas de competencia. Así, podemos distinguir claramente un grupo de divindades acuáticas, outro de divindades da vexetación, un deus protector do gando, e unha serie de deidades de tipo funerario.
 
Dentro do [[Panteón castrexo]] existían unha serie de divindades que permiten estabelecer un paralelo entre a relixión castrexa e o folclore galego actual: son os '''[[deuses do camiño]]''', coñecidos co nome latino de ''[[lares viales]]''. Son deuses de carácter funerario e están encargados de conducir as almas dos mortos ao [[Alén]]. Réndeselles culto nas encrucilladas, onde se supón que converxen as ánimas dos mortos. Nelas erguéronse monumentos, constituídos por unha columna rematada en dobre ou tripletripla face, na que se realizadas libacións de aceite ou doutros produtos. Isto ponnos en relación co folclore actual da encrucillada, á que acode a [[Santa Compaña]], agrupacións das ánimas dos defuntos que non están correctamente integradas no mundo dos mortos, xa que non están no [[Ceo]] nin no [[Inferno]]. Así mesmo, debemos ter en conta a existencia da figura do [[cruceiro]], columnas similares ás mencionadas anteriormente, aínda que coroadas por un crucifixo. Da pervivencia dos ritos pagáns daba fe [[Martiño de Dumio]] no [[século VI]] despois de Cristo.
 
== Xeografía ==
243.924

edicións