Xermania Inferior: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiños
m →‎Véxase tamén: Commonscat
Liña 5:
Ata os tempos de [[Xulio César]], ningún exército se chegara tan ó norte da [[Galia]]. No verán do [[-57|57 a.C.]], o xeneral romano derrotou ós [[nervios]] en [[Flandres]] no val do [[río Mosa|Mosa]]. Na primavera do [[-55|55 a.C.]], César acudiu a parlamentar cos caudillos dos [[usipetes]] e [[tencteri]] do [[Rin]] inferior, que desexaban establecerse na beira occidental do río. No medio da reunión, César capturounos e esmagou ás súas hostes. Despois construíu unha ponte sobre o Rin para intimidar ós xermanos que aínda desexaban cruzar, así como explorar a rexión, ata entón descoñecida.
 
Entre os anos [[-39|39 a.C.]] e [[-38|38 a.C.]], [[Marco Vipsanio Agripa|Agripa]] expulsou ós [[suevos]] da beira oeste do Rin e estableceu no seu lugar ós [[ubios]], un pobo aliado de [[Roma Antiga|Roma]]. As continuas guerras deixaran esta rexión deserta, e os ubios fundaron a vila de ''Ara Ubiorum'', a moderna [[Colonia, Alemaña|Colonia]]. No [[-27]], [[Octavio Augusto]] creou a provincia de [[Gallia Belgica]], cuxa capital era [[Reims]].
 
O gobernador [[Marco Lolio]] soubo en [[-17]] que os [[sicambres]], [[usipetes]] e [[tencteri]], ó mando do sugambro Melón, cruzaran o [[Río Rin|Rin]]. O [[exército romano]] enfrontounos no val do [[Río Mosa|Mosa]], mais os xermanos rexeitaron a cabalería e logo ós [[Lexión romana|lexionarios]], e por último a aguia da V lexión foi roubada. Debido a que esta humillación debía ser vingada, Augusto enviou ós irmáns [[Tiberio]] e [[Druso o Vello|Druso]] a fornecer a fronteira do Rin. Ademais dividiu os territorios xermánicos conquistados en dous distritos militares romanos: [[Xermania Superior]] e Xermania Inferior. Para cuestións administrativas dependían do legado da [[Gallia Belgica]], pero para cuestiones militares, os legados das lexións eran plenamente autónomos.
==Véxase tamén==
 
{{Commonscat}}
{{Control de autoridades}}