Escola filosófica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 137:
[[Ficheiro:Derrida-by-Pablo-Secca.jpg|miniatura|[[Jacques Derrida]]]]
* [[Posmodernismo]]: O termo posmodernismo ou [[posmodernidade]] designa xeralmente un amplo número de movementos [[Arte|artísticos]], [[cultura]]is, [[literario]]s e filosóficos que xurdiron a mediados do [[século XX]], definidos en diverso grao e maneira pola súa oposición ao [[modernismo]], ou á súa superación. As diferentes correntes do movemento posmoderno comparten a idea de que o proxecto modernista fracasara no seu intento de renovación radical das formas tradicionais da arte e a cultura, o pensamiento e a vida social, a emancipación da humanidade, en suma, e de que un proxecto semellante é imposíbel ou inalcanzábel nas condiciónes actuais. Fronte ao compromiso rigoroso coa innovación, o progreso e a [[crítica social|crítica]] das vangardas artísticas, intelectuais e sociales, ao que considera unha forma refinada de [[teoloxía]] autoritaria, o posmodernismo defende a hibridación, a cultura popular, e o descentramento da autoridade intelectual e científica. Adóitase dividir a posmodernidade en tres sectores, dependendo da súa área de influencia: como un período histórico, como unha actitude filosófica, ou como un movemiento artístico. Histórica, ideolóxica e metodoloxicamente diversos, comparten, porén, un parecido de familia. Desde o punto de vista filosófico considérase a [[Friedrich Wilhelm Nietzsche|Nietzsche]] o primeiro posmoderno,<ref>[http://www.ub.edu/histofilosofia/gmayos/0dissolucio.htm "Nietzsche: el primer posmoderno"] de [http://www.ub.edu/histofilosofia/gmayos/0index.htm G. Mayos.] {{es}}</ref> pero hai intérpretes que se remontan a certas actitudes posmodernas dalgúns [[sofismo|sofistas]]. Nos últimos tempos, no campo científico, a [[teoría da relatividade]] e posteriormente a [[física cuántica]], revolucionaron a física moderna newtoniana, a forma mecanicista de interpretar o universo. Do mesmo modo fixérono no campo filosófico. Na ciencia foron moi importantes a [[teoría do caos]], ou a imposibilidade de predicir feitos ([[principio de indeterminación de Heisenberg|Principio de indeterminación]] de [[Heisenberg]], nome que define unha das maiores características do pensamento posmoderno) así como as consecuencias do [[teorema de Bell]]. O mesmo ocurreu na área da epistemoloxía e da filosofía co devenir da psicanálise. Aínda que [[Freud]] sempre foi tratado como un autor clásico, no sentido que se ben critica algúns aspectos da cultura moderna (especialmente en ''O malestar na cultura''), algúns dos seus seguidores como Lyotard e Vattimo desprazáronse cara a plans posmodernos. O filósofo italiano [[Gianni Vattimo]] define o pensamento posmoderno con claridade: nel o importante non son os feitos senón as súas interpretacións. Así como o tempo depende da posición relativa do observador, a certeza dun feito non é máis ca iso, unha verdade relativamente interpretada e, polo mesmo, incerta. O modelo determinista da causalidade, da verdade dun suxeito forte o estilo de [[Hegel]], [[Kant]] e mesmo [[Karl Marx|Marx]] e o plan do tempo lineal como o de [[Leibniz]], son cuestionados. A posmodernidade, por máis polifácetica que pareza, non significa unha ética de carencia de valores no sentido moral, pois precisamente a súa maior influencia manifiéstase no actual relativismo cultural e na crenza de que nada é totalmente malo nin absolutamente bo. A moral posmoderna é unha moral que cuestiona o cinismo relixioso predominante na cultura occidental e fai fincapé nunha ética baseada na intencionalidade dos actos e a comprensión inter e transcultural de corte secular dos mesmos. É unha nova forma de ver a estética, un novo orden de interpretar valores, unha nova forma de relacionarse, intermediadas moitas veces polos factores postindustriais. Os pensadores máis destacados das correntes posmodernas son [[Gilles Deleuze]], [[Jean Baudrillard]], [[Jean-François Lyotard]], [[Jacques Lacan]], [[Michel Foucault]], [[Gianni Vattimo]], [[Jacques Derrida]], [[Gilles Lipovetsky]], [[Slavoj Zizek]], [[Alain Badiou]], [[Bourdieu]], entre outros.
* [[Deconstrución]]: A deconstrución é a xeralización por parte do filósofo [[postestruturalismo|postestruturalista]] [[Francia|francés]] [[Jacques Derrida]] do [[método (filosofía)|método]] implícito nas análises do pensador [[Alemaña|alemán]] [[Martin Heidegger]], fundamentalmente nas súas análises [[etimoloxía|etimolóxicas]] da [[historia da filosofía]]. Analiza a construción dun [[concepto]] calquera a partir de procesos históricos e acumulacións metafóricas, mostrando que o claro e evidente dista de selo, xa que os útiles da [[conciencia]] en que o verdadeiro en si debe darse son históricos, relativos e sometidos aos [[paradoxo]]s das figuras retóricas da [[metáfora]] e a [[metonimia]]. O concepto de deconstrución está baseado tanto na filosofía como na [[literatura]], e tivo grangrande acollida especialmente nos Estados Unidos. Aínda que o termo xa fora utilizado por Heidegger, foi a obra de Derrida a que sistematizou o seu uso e teorizou a súa práctica. O termo é a tradución proposta por Derrida dos termos alemáns ''Destruktion'' e ''Abbau'', que Heidegger empregara en ''Sein und Zeit''. Derrida estima que ''deconstrución'' é máis correcto que a tradución clásica como ''destrución'', dado que non se trata tanto, dentro da deconstrución da [[metafísica]], da redución á nada, como de mostrar como foi abatida.<ref>Laurent Carraz, ''Wittgenstein et la déconstruction'', Antipodes, col. Écrits philosophiques, 2000.</ref>. En realidade, a palabra ''deconstrución'' apareceu en [[1955]] no contexto da filosofía francesa con ocasión da tradución do texto de Heidegger ''Zur Seinsfrage'' (Contribucións á cuestión do ser). Gérard Granel elixiu este termo para traducir a palabra alemá ''Abbau'' que quería distinguir de "destrución" (tradución de ''Zerstörung'')<ref>Marc Goldschmidt, ''Jacques Derrida: une introduction'', Pocket, 2003, páx. 20. [[Martin Heidegger]], ''Questions I'', 1968, páx. 240.</ref>.
 
== Notas ==