Diferenzas entre revisións de «Arteixo»

 
=== Orografía ===
Dos núcleos poboacións montañosos, destaca [[Monticaño, Pastoriza, Arteixo|Monticaño]] por ser usado noutrora como fortaleza militar. Reconverteuse na área recreativa de Monticaño. Outra zona de montaña é o couto do Monte Súbico, de Loureda. ''Súbico'' provén do derivado s''u,'' da preposición latina ''sub'' 'debaixo deso' ou 'ao pé de', e mais ''bico'', de raíz [[Linguas célticas|celta]] ''picc''-/''becc'' 'punta de pedra' ou 'cume no monte'. O couto de Súbico ten tres divisións: Lañas, Arteixo, e Loureda. Desde o seu este albíscase a panorámica do atlántico.
 
O Monte do Bernal acolle os lugares de Fonte e Marco de Bernal. Facía o linde das parroquias de Armentón, Larín e Lañas. Porén, coa construción da autoestrada desapareceron. O topónimo de ''Bernal'' procede do nome persoal Bernaldo, de orixe [[Linguas xermánicas|xermánica]] e que conta coa raíz ''bern'' 'oso'.
 
O Monte da Xesta divide Larín de Armentón. Vai á Fonte Loureira, por debaixo das Casas Novas. O topónimo procede do latín ''genestagĕnĕsta''.
 
O Monte da Agra pertence á parroquia de Barrañán. No seu cume están os deslindes das parroquias de Barrañán, Arteixo e Lañas.
10.315

edicións