Distrito Federal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{sen referencias|data=xullo de 2016}}
'''Distrito Federal''' e o nome que se da a unha [[cidade]] que ten por función ser a capital dun país que se organice baixo o sistema de [[federación]]. A cidade escollida para Distrito Federal non se subordinará a ningunha unidade federativa (provincia ou estado) veciña - ningunha provincia ou estado terá xurisdición sobre ela. E tamén non pode ser, simultaneamente, capital de ningunha outra unidade da federación, para que se preserve os principios de autonomía das unidades federativas, e tamén de igualdade entre as mesmas. Conforme determine a [[constitución]] de cada país, os distritos federais poden ter o seu gobernante nomeado polo goberno federal, ou elixido pola súa poboación. Cando se muda a capital dun país organizado baixo o sistema federativo, o territorio da nova capital é destacado xeograficamente dunha ou máis provincias e pasa a ter, a partir do momento da creación da nova capital, un ''status'' administrativo diferenciado. Foi o que ocorreu no [[Brasil]] co a creación de [[Brasilia]], separada administrativamente do veciño estado de [[Goiás, Brasil|Goiás]].