Diferenzas entre revisións de «Idade Contemporánea»

m
[[Ficheiro:Constitution_of_the_United_States,_page_1.jpg|miniatura|A primeira páxina da [[Constitución dos Estados Unidos de América]] (17 de setembro de 1787) comeza co soado ''We the People'' ("Nós, o Pobo"), que define o suxeito da [[soberanía]]. O precedente inmediato fora, ademais da Declaración de Independencia, a [[Declaración de Dereitos de Virginia]] (12 de xuño de 1776). Nos dez anos seguintes, as primeiras emendas conformaron o que se denominou ''[[Carta de Dereitos dos Estados Unidos|Carta de Dereitos]]'' (1789). Desde entón foi profusamente emendada.]]
 
Os ingleses instaláronse nas [[Trece Colonias]] da costa noroccidental americana desde o século XVII. Durante a gran guerra colonial entre Inglaterra e Francia ([[1756]]-[[1763]]), e que foi correlato americano da [[Guerra dos Sete Anos]] europea, os colonos estadounidenses cobraron conciencia de ata que punto os seus intereses eran diverxentes dos da metrópolismetrópole (imposibilidade de recibir un trato equilibrado, ou de ascender no exército), así como dos límites da capacidade desta e do seu propio poder. Nos anos seguintes, ante apremiantes necesidades fiscais, intentouse incrementar a extracción de recursos das colonias impondo taxas sen ningún tipo de control local nin representación na súa discusión. Tras o arrefriado progresivo de relacións, os colonos e os ''casacas vermellas'' (as tropas inglesas, chamadas así pola cor do seu uniforme) tiveron as primeiras refregas en incidentes menores cuxa importancia se magnificaba converténdoos en simbólicos ([[Masacre de Boston]], 1770, [[Boston Tea Party]] , 1773 -Motín do té {{gl}})-). En [[1776]], nun [[Primeiro Congreso Continental|Congreso Continental]] reunido na cidade de [[Filadelfia]], representantes enviados polos parlamentos locais das Trece Colonias proclamaron a independencia. A guerra, liderada por [[George Washington]] no lado colonial, que recibiu o apoio internacional de España e Francia, terminou coa completa derrota dos ingleses na [[batalla de Yorktown (1781)]]. No [[Tratado de París (1783)]] recoñeceuse por Inglaterra a independencia dos Estados Unidos.
 
Durante os primeiros anos houbo dúbidas sobre se as Trece Colonias seguirían cada unha o seu camiño como outras tantas nacións independentes, ou se formarían unha única nación. En [[Segundo Congreso Continental|un novo congreso]] celebrado outra vez en Filadelfia ([[1787]]), acordaron finalmente unha solución intermedia, conformando un [[Federación|estado federal]] cunha complexa repartición de funcións entre a Federación e os estados membros, baixo o mandato dunha única carta fundamental: a [[Constitución dos Estados Unidos de América|Constitución de 1787]]. A Federación, denominada [[Estados Unidos de América]], inspirouse para a súa creación e para a redacción da súa carta magna (sobre todo das numerosas emendas que houbo que engadir progresivamente aos sete artigos iniciais) nos principios fundamentais promovidos pola [[Ilustración]], ademais da práctica política do autogoberno local experimentado durante máis dun século, e ata no exemplo dun peculiar sistema político indíxena americano (a [[confederación iroquesa]]).<ref>[[Idade Moderna#O dereito e o concepto de home en sociedade]].</ref> O sistema político baseouse nun forte [[individualismo]] e no respecto aos [[dereitos humanos]] (aínda que na súa cultura política expresáronse como [[dereitos civís]]), entre os que destacaban as maiores garantías nunca existentes en ningún ordenamento xurídico anterior á neutralidade do estado en cuestións propias da vida privada e o respecto ás [[liberdades públicas]] ([[Liberdade de culto|conciencia]], [[liberdade de expresión|expresión]], [[liberdade de prensa|prensa]], [[liberdade de reunión|reunión]] e [[participación política]], [[Dereito a posuír armas|posesión de armas]]) e concretamente á [[propiedade privada]] como vehículo para a ''[[procura da felicidade]]'' (''Life, liberty and the pursuit of happiness''<ref>A orixe da frase, cuxa inclusión no texto da [[Declaración de Independencia de Estados Unidos]] débese a [[Thomas Jefferson]] e [[Benjamin Franklin]] (Harry Johnson. ed. ''Completed Autobiography -Benjamin Franklin-'' Regnery Publishing. pp. 413. ISBN 0-89526-033-6) , provén da [[Declaración de Dereitos de Virginia]] redactada por [[George Mason]], e esta de fórmulas similares que se atopan en textos de [[John Locke]] (''[http://www.gutenberg.org/dirs/etext05/trgov10h.htm Two Treatises of Government]'') e [[William Wollaston]] (''The Religion of Nature Delineated'', 1759). Bibliografía citada en [[:en:Life, liberty and the pursuit of happiness]] da wikipedia en inglés.).</ref> A construción da [[democracia]], en moitas das súas implicacións, como o [[sufraxio universal]], non foi de rápida consecución, especialmente en canto a [[escravitude nos Estados Unidos|os problemas da escravitude]], que diferenciaba aos estados do norte e o sur; e a relación coas [[Amerindio|nacións indias]], por cuxos territorios se expandirón. As nocións de [[república]] e [[independencia]] pasaron a ser dous referentes simbólicos da nova nación, e durante moito tempo, características case exclusivas fronte ao resto do mundo.
Ficheiro:Thomas Paine.jpg|O británico [[Thomas Paine]] tivo unha traxectoria vital ligada ás revolucións americana e francesa. Expulsado de Inglaterra, tamén tivo problemas co réxime terrorista de [[Robespierre]], e acabou a súa vida en chan norteamericano. Foi autor de tres importantes libros: o liberal ''Common Sense'' ("O Sentido Común") onde defende a independencia de Estados Unidos, o polemista ''The Rights of Man'' ("Os Dereitos do Home") respondendo o ataque aos excesos revolucionarios de Francia de [[Edmund Burke]] (quen, pola contra, defendera a americana, aínda que con argumentos máis conservadores que os radicais de Paine); e o anticlerical e [[Voltaire|volteriano]] ''The Age of Reason'' (''[[A idade da razón]]'').</gallery>
 
Resultado:
 
==== Revolución francesa e Imperio napoleónico ====
{{Artigo principal|Revolución francesa}}
102.403

edicións