Senado de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución da wikipedia en castelán
Liña 5:
 
== Antecedentes ==
O Senado ten o seu antecedente máis remoto no [[Estatuto Real de 1834|Estatuto Real]], outorgado pola raíña [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias|María Cristina]], rexente durante a minoría de idade de [[Isabel II de España|Isabel II]], e que estableceu por primeira vez en [[España]] a configuración bicameral das Cortes, ao dividilas en dous Estamentos: o de Próceres do Reino e o de Procuradores do Reino.
 
O Estamento dos Próceres do Reino tiña unha composición mixta, con membros natos tales como os fillos do rei e os [[Grande de España|Grandes de España]] e membros de nomeamento real, limitado a individuos de clase, polo que quedaba unha cámara cuxa natureza correspondía en esencia á representación dos nobres e a xerarquía eclesiástica nas Cortes do [[Antigo Réxime]].
 
A [[Constitución española de 1837|Constitución de 1837]], aprobada como consecuencia dun motín que forzou á raíña rexente a sancionala, recolleu por primeira vez a denominación de «Senado» para a Cámara Alta das [[Cortes Xerais]]. O seu primeiro presidente foi [[José María Moscoso de Altamira]], [[conde de Fontao]].
 
Nas sucesivas Constitucións de [[Constitución española de 1845|1845]], [[Constitución española de 1856|1856]], [[Constitución española de 1869|1869]] e [[Constitución española de 1876|1876]] o Senado figurou como Cámara Colexisladora, en pé de igualdade co [[Congreso dos Deputados]], salvo, nalgúns casos, en materia de forzas armadas e de contribucións e crédito público, e ademais tivo en determinadas ocasións reservada a facultade de xulgar aos membros do Goberno acusados pola Cámara Baixa.
 
Durante a [[Segunda República Española]] quedou suprimido o Senado, decisión adoptada na sesión do [[27 de outubro]] de [[1931]] por 150 votos contra 100. Tras perder a votación, [[Ángel Ossorio y Gallardo]] acusou os deputados conservadores e agrarios, que se retiraron do Parlamento, de non apoiarlle para impedir o triunfo do unicameralismo que preconizaban os socialistas.
 
== Composición ==