Abrir o menú principal

Cambios

m
Estableceuse unha ligazón interna co artigo: "Matrimonio entre persoas do mesmo sexo".
 
== A cidade ==
A [[poboación]] de Cambridge é moi diversa. Os seus residentes, coñecidos como "cantabrigians" (adaptado ao galego sería "cantabriguense"), van desde distinguidos [[profesor]]es do MIT e de Harvard a familias de [[clase obreira]], pasando por [[Inmigración|inmigrantes]] de todo o mundo. A primeira [[Matrimonio entre persoas do mesmo sexo|unión civil entre persoas do mesmo sexo]] nos Estados Unidos realizouse na sede da [[Concello|municipalidade]] de Cambridge (''Cambridge City Hall'').
 
Esta diversidade contribúe a un ambiente liberal e pode ser comparado con [[Berkeley]], [[California]], nalgúns aspectos. Isto, xunto coas históricas protestas estudantís e un rexeitamento ao control legal das rendas de arrendamento, valeulle a sarcástica denominación de "República Popular de Cambridge". Cambridge é hoxe en día unha cidade renovada urbanamente, de clase media-alta e cun crecente mercado de propiedades, cruzando o río desde [[Boston]]. Tamén se coñece como a "ribeira esquerda de Boston".
15.833

edicións