Estercobilina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
}}
}}
A '''estercobilina''' é un [[pigmento biliar]] [[tetrapirrol|tetrapirrólico]] e un dos produtos finais do catabolismo do grupo [[hemo]].<ref name="multiple">Boron W, Boulpaep E. Medical Physiology: a cellular and molecular approach, 2005. 984-986. Elsevier Saunders, United States. ISBN 1-4160-2328-3</ref><ref name="multiple 1">Kay IT, Weimer M, Watson CJ (1963). “The formation in vitro of stercobilin from bilirubin.” J Biol Chem. 238:1122-3. PMID 14031566</ref> É o composto químico responsable da cor castaña do material fecal humano<ref name="multiple">Boron W, Boulpaep E. Medical Physiology: a cellular and molecular approach, 2005. 984-986. Elsevier Saunders, United States. ISBN 1-4160-2328-3.</ref> e illouse orixinalmente das feces en 1932.<ref name="multiple 1">Kay IT, Weimer M, Watson CJ (1963). "The formation in vitro of stercobilin from bilirubin." J Biol Chem. 238:1122-3. PMID 14031566</ref> A estercobilina (e o composto relacionado [[urobilina]]) poden utilizarse como marcadores para a identificación bioquímica dos niveis de contaminación fecal dos ríos.<ref>Lam CW, Lai CK, Chan YW (1998). "Simultaneous fluorescence detection of fecal urobilins and porphyrins by reversed-phase high-performance thin-layer chromatography". Clin Chem. 44(2):345-6. PMID 9474036</ref>
 
== Metabolismo ==
A estercobilina orixínase da degradación do grupo [[hemo]] da proteína [[hemoglobina]] dos [[eritrocito]]s.<ref name="multiple 1">Kay IT, Weimer M, Watson CJ (1963). “The formation in vitro of stercobilin from bilirubin.” J Biol Chem. 238:1122-3. PMID 14031566</ref> Os [[macrófago]]s [[fagocitose|fagocitan]] os restos dos eritrocitos senescentes e degradan o grupo hemo primeiro a [[biliverdina]], a cal rapidamente se reduce para formar [[bilirrubina]] libre.<ref name="multiple">Boron W, Boulpaep E. Medical Physiology: a cellular and molecular approach, 2005. 984-986. Elsevier Saunders, United States. ISBN 1-4160-2328-3</ref> A bilirrubina únese moi estreitamente a proteínas do [[plasma sanguíneo|plasma]] (especialmente á [[seroalbumina humana|albumina]]) no torrente sanguíneo e é transportada ao fígado, onde é conxugada cun ou dous residuos de [[ácido glicurónico]], dando lugar a [[bilirrubina diglicurónido]], que se segrega ao [[intestino delgado]] coa [[bile]].<ref name="multiple 2">Seyfried H, Klicpera M, Leithner C, Penner E (1976). "Bilirubin metabolism". Wien Klin Wochenschr. 88:477-82. PMID 793184</ref> No intestino delgado, parte do bilirrubina diglicurónido convértese de novo en bilirrubina pola acción de encimas [[bacteria]]nos na parte final do [[íleo]].<ref name="multiple">Boron W, Boulpaep E. Medical Physiology: a cellular and molecular approach, 2005. 984-986. Elsevier Saunders, United States. ISBN 1-4160-2328-3</ref> Esta bilirrubina convértese despois en [[urobilinóxeno]] incoloro.<ref name="multiple">Boron W, Boulpaep E. Medical Physiology: a cellular and molecular approach, 2005. 984-986. Elsevier Saunders, United States. ISBN 1-4160-2328-3</ref> Todo o urobilinóxeno que permanece no [[colon]] convértese en [[estercobilinóxeno]] e finalmente é oxidado a estercobilina.<ref name="multiple">Boron W, Boulpaep E. Medical Physiology: a cellular and molecular approach, 2005. 984-986. Elsevier Saunders, United States. ISBN 1-4160-2328-3</ref> Despois, a estercobilina excrétase nas [[feces]], dándolles a súa cor castaña.<ref name="multiple 2">Seyfried H, Klicpera M, Leithner C, Penner E (1976). “Bilirubin metabolism”. Wien Klin Wochenschr. 88:477-82. PMID 793184</ref>
 
== Papel en enfermidades ==
 
===Ictericia obstrutuva===
 
Na [[ictericia obstrutiva]], non chega ningunha bilirrubina ao intestino, o que significa que non pode haber formación de estercobilinóxeno. A falta de estercobilina e outros pigmentos biliares fai que as feces teñan cor de [[arxila]] clara.<ref name="multiple">Boron W, Boulpaep E. Medical Physiology: a cellular and molecular approach, 2005. 984-986. Elsevier Saunders, United States. ISBN 1-4160-2328-3</ref>
 
===Pigmento castaño dos cálculos biliares===
Liña 49 ⟶ 47:
 
== Véxase tamén ==
===Outros artigos===
* [[Pigmento biliar]]
* [[Bilirrubina]]
* [[Biliverdina]]
* [[Hemo]]
* [[Urobilina]]
 
===Ligazóns externas===
* http://www.chem.qmul.ac.uk/iupac/tetrapyrrole/TP/D6.html
 
 
[[Categoría:Metabolismo]]