Amplificador xenético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 5:
Nas [[célula eucariota|células eucariotas]] a estrutura do complexo [[cromatina|cromatínico]] do ADN está pregada de modo que imita funcionalmente o estado [[superenrolamento do ADN|superenrolado]] característico do ADN [[procariota|procariótico]], de maneira que, aínda que o ADN do amplificador está lonxe do xene sobre o que actúa en canto ao número de [[nucleótido]]s que os separan, xeometricamente está situado preto do [[Promotor (xenética)|promotor]] e o xene. Isto permite que interaccione cos [[factor de transcrición xeral|factores de transcrición xeral]] e a [[ARN polimerase II]]. O mesmo mecanismo funciona para os [[silenciador (xenética)|silenciadores]] do [[xenoma]] eucariótico. Os silenciadores son antagonistas dos amplificadores e, cando se unen aos seus propios [[factor de transcrición|factores de transcrición]], chamados [[represor]]es, reprimen a transcrición do xene. Os silenciadores e os amplificadores poden estar en estreita proximidade uns dos outros ou mesmo poden ser a mesma rexión de ADN que funciona de xeito diferente segundo o factor de transcrición que se una e a ela.
 
Un amplificador pode estar localizado [[direccionalidade (bioloxía molecular)|''augas arriba'' ou ''abaixo'']] do xene que regula. Ademais, un amplificador non ten que estar situado preto do sitio de iniciación da transcrición para afectar á transcrición, xa que algúns están localizados a varios centos de miles de [[par de bases|pares de bases]] augas arriba ou abaixo do sitio de iniciación. Os amplificadores non actúan sobre a propia rexión promotora, senón que se unen por medio de proteínas chamadas activadores. Estas proteínas activadoras interaccionan co [[mediador (coactivador)|complexo mediador]], que recruta a ARN polimerase II e os factores de transcrición xerais, que despois empezan a transcribir os xenes. Os amplificadores poden tamén encontrarse en [[intrón]]s. A orientación dun amplificador pode ás veces ser invertida sen que iso afecte á súa función. Ademais, un amplificador pode ser escindido e inserido en calquera outro sitio do cromosoma, e segue afectando á transcrición do xene. Esa é unha das razóns polas que os [[polimorfismo xenético|polimorfismos]]s en intróns poden ter efectos a pesar de que non son elementos que se [[tradución de proteínas|traduzan a proteínas]].
 
== Teorías ==