Trompa de Falopio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 10:
== Anatomía ==
As trompas de Falopio das mulleres son uns tubos duns 10–12 cm, que permiten o paso do [[óvulo]] desde o ovario ao útero, situados nun bordo do [[peritoneo]] chamado mesosálpinx, que forma parte do ligamento largo do útero. As trompas de Falopio divídense nos seguintes segmentos (de lateral a medial):
* '''Infundíbulo'''. É a parte agrandada con forma de funil que está próxima ao ovario, aínda que non teñen unha continuidade anatómica con el. Está aberta á cavidade peritoneal polo extremo que dá ao ovario. No seu fondo hai un orificio de 2&nbsp;mm ou menos chamado orificio abdominal (''ostium abdominale'') <ref name="Cunn">G.J. Romanes Cunningham Tratado de Anatomía. 12ª edición (1987). Interamericana- Mc Graw Hill. Páxinas 602-603. ISBN 84-7605-359-2</ref>. O infundíbulo contén nas súas beiras unhas prolongacións con forma de flocos chamados '''fimbrias''', as cales son irregulares e poden ter ramificacións ou estar divididas. Hai unha fimbria máis longa, que toca o ovario (fimbria ovárica).
* '''Ampola'''. É a seguinte rexión, que supón a maior parte da trompa. Alí recíbese o óvulo saído do ovario na [[ovulación]] despois da súa recollida no infundíbulo.
* '''Istmo'''. É a rexión máis estreita da trompa, que a conecta co útero.
Liña 21:
A parede da trompa está formada por unha capa serosa externa, unha capa muscular intermedia e un epitelio mucoso interno.
 
As trompas están tapizadas por un epitelio columnar simple, que forma pregamentos e cristas, que son máis numerosos e ramificados na zona da ampola, onde o epitelio é máis alto. Contén dous tipos de células: ciliadas e non ciliadas (secretoras). As células predominantes son as ciliadas, que son máis numerosas no infundíbulo e na ampola <ref name="Fawcett">D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 880-884. ISBN 84-7605-361-4</ref>. As características da mucosa cambian coas fases do [[ciclo menstrual]]. O [[estróxeno]] incrementa a produción de [[cilio]]s nestas células.
 
Dispersas entre as células ciliadas están as células non ciliadas, que conteñen [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] e producen o fluído tubular. Este fluído contén nutrientes para os [[espermatozoide]]s, [[ovocito]]s, e [[cigoto]]s. Nalgunhas especies como o coello engaden ao ovocito unha envoltura albuminosa externa <ref name=Fawcett/>. As secrecións tamén promoven a [[capacitación]] do esperma ao eliminaren [[glicoproteína]]s e outras moléculas da membrana plasmática do esperma. A [[proxesterona]] incrementa o número de células non ciliadas, entanto que o estróxeno incrementa a súa altura e actividade secretora. O fluído das trompas flúe en contra da acción dos cilios, os cales baten cara ao extremo que dá ao ovario.
Liña 30:
 
== Función na fecundación ==
Cando o [[ovocito]] madura no ovario faino dentro dunhas capsulascápsulas chamadas [[folículo ovárico|folículos ováricos]]. A parede dos folículos completamente maduros rompe liberando o ovocito, fenómeno chamado [[ovulación]]. O ovocito sae do ovario rodeado de células da granulosa do folículo e é recollido polo extremo fimbriado das trompas de Falopio e desprázase ata a ampola, que será onde normalmente o esperma se une ao ovocito e ten lugar a [[fecundación]]. Unha vez fóra do ovario o ovocito completa a súa [[meiose]]. O óvulo fertilizado, chamado cigoto, viaxa en dirección ao útero axudado pola actividade dos cilios do epitelio e polo músculo liso das trompas, á vez que sofre as primeiras divisións embrionarias. Uns cinco días despois o [[embrión]] chega á cavidade uterina e implántase no [[endometrio]] do útero, iniciándose a [[xestación]].<ref>{{cite web|url=http://www.merckmanuals.com/home/womens_health_issues/biology_of_the_female_reproductive_system/menstrual_cycle.html |title=Menstrual Cycle: Biology of the Female Reproductive System: Merck Manual Home Health Handbook |publisher=Merck.com |date= |accessdate=2011-03-06}}</ref>
 
Ocasionalmente o embrión pode implantarse nas trompas de Falopio en vez de no útero, orixinando un [[embarazo ectópico]].